EXPOSICIÓN DO IES: VIVINDO EN DOUS TEMPOS

Onte visitamos a exposición do IES Fontem Albei:

"Vivindo en dous tempos"

Encantounos!!

Queremos felicitar aos alumnos e alumnas do IES polo traballo que realizaron.

Vivindo en dous tempos from Mariola on Vimeo.

O GAÑADOR DO CONTO: "A RESERVA DA BIOSFERA"

Como vos comentamos no vídeo anterior participamos no Proxecto da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.

Dentro deste proxecto levouse a cabo un concurso de contos entre os coles participantes. O gañador dos coles da zona de Galicia, foi Bruno de 6º de Primaria.

Contounos un conto que leva por título: "A reserva da biosfera"

No seguinte vídeo podedes disfrutar do conto.

NORABOA BRUNO!!!

Bruno from Mariola on Vimeo.

XORNADA DE CONVIVENCIA

Como o noso cole participa no Proxecta Monte Vivo e Proxecto Deportivo de Centro, o martes 12 de xuño os alumnos e alumnas de 6º colaboramos nunha Xornada de Convivencia dentro do Proxecto A Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón: punto de encuentro entre Asturias e Galicia.

Compartimos a xornada de convivencia con outros coles, como o de Trabada, A Pontenova, Ribadeo, Vegadeo, Taramundi, Figueras, Piantón, Castropol, Baleira e Santa Eulalia de Oscos.

Ademais Bruno recibiu un premio pola redacción do seu conto sobre a defensa do Medio Ambiente. 

Xornada de convivencia from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA!!

Hoxe no cole levamos a cabo unha actividade dentro do Proxecta Aliméntate ben.

Chámase Ponlle as pilas ao teu bocata!!

E como o seu nome indica, aprendemos a facer bocatas con produtos sans e variados: tomate, leituga, atún, queixo, sardiñas, millo, aceitunas etc...

Cada un de nós puidemos pedir o bocata que máis nos apetecía, mesturando diversos ingredientes.

E podémosvos dicir que estaban boiiiisimos!!!!!

Ponlle as pilas ao teu bocata from Maria on Vimeo.

COOKING AROUND THE WORLD (1ª parte)

Como xa sabedes o noso centro participa no Proxecta Alimentate ben.

A semana pasada levamos a cabo unha actividade dentro deste proxecto e en coordinación coa área de Inglés.

Cada grupo preparou unha comida típica dun país; así tivemos comidas de México, Francia, Italia, Suiza...

Deste xeito, traballamos a alimentación saudable ao mesmo tempo que coñecemos diferentes culturas, costumes, tradicións de outros países.

Temos uns auténticos Chefs neste colexio!!!

Cooking around the world (1ª parte) from Maria on Vimeo.

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe os nenos e nenas de Infantil tivemos sesión de Contacontos en Familia.

Visitounos a mamá de Aitor, e contounos dous contos chulísimos: PILÚ,PILÚ E A MAMÁ QUE SE LLE PUXO CARA DE TETEIRA.

Gustáronnos moito!!!

MOITAS GRAZAS MAYDA!!!!

Contacontos en Familia from Mariola on Vimeo.

LETRAS GALEGAS 2018

No seguinte vídeo podedes ver outra parte do Festival das Letras Galegas que celebramos este curso.

Esperamos que disfrutedes coas actuacións, porque realmente temos uns nenos e unhas nenas que son uns verdadeiros artistas!!!

Letras Galegas 2018 from Mariola on Vimeo.

CONTACONTOS EN FAMILIA

Onte os nenos e nenas de Infantil tivemos Contacontos en Familia.

Esta vez o encargado de contarnos un contiño foi o papá de Sofia e de Irene.

Gustounos moito!!

MOITAS GRAZAS KIKE!!!

Contacontos en Familia from Mariola on Vimeo.

CAMPAÑA ESCOLAR APRENDENDO IGUALDADE

No noso cole participamos na CAMPAÑA ESCOLAR APRENDENDO IGUALDADE proposta pola Deputación Provincial de Lugo.

Este proxecto ten o obxectivo de fomentar entre o alumnado de Educación Infantil e Primaria, xunto co profesorado, actitudes favorables á educación e á convivencia en iguadade entre nenas e nenos.

A actividade consistía en traballar o conto: "Vanesa non quere ser princesa" e posteriormente había que elaborar un mural-homenaxe ás mulleres do noso concello; para elo, cada nena e neno tiña que escoller unha muller a que admiren e debuxala para colocar no mural.

No seguinte vídeo podedes ver o resultado.

Aprendendo Igualdade from Mariola on Vimeo.

Distribuir contido