Skip to Content

Curso 2012/2013

LIBROS DE TEXTO

A relación de libros de texto para o  vindeiro curso está exposta tanto no taboleiro de fóra do colexio coma no do interior.

Asi mesmo, quedan reflectidos no arquivo adxunto.

O resto de material que precise o alumnado solicitaráselle en setembro.

RELACIÓN DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2013-2014

ACORDOS CONSELLO ESCOLAR

Na última xuntanza do Consello Escolar acordouse por unanimidade:

  • solicitar unha sección bilingüe para impartir a área de Plástica en Inglés.
  • solicitar a subvención que vén de publicar o Concello para actividades  e  saídas culturais.

O prazo para a primeira das solicitudes abrangue ata finais de maio; o da segunda, remata o 30 de abril.

PRAZO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO

No documento adxunto pode verse a información que, sobre a admisión do alumnado para o vindeiro curso, está exposta no taboleiro do centro.

Este ano o prazo de admisión vai do 5 ao 17 de abril, ambos incluídos.

PREMIO CURTAS DE ANIMACIÓN

O noso Centro atópase entre os sesenta selecionados para participar na convocatoria de premios para curtas de animación en galego, elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos!

Estes premios están promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, na edición correspondente ao curso 2012 / 2013, para centros de Educ. Infantil e Primaria.

DATAS DE AVALIACIÓNS

1ª AVALIACIÓN: MES DE DECEMBRO

CICLO DATA
INFANTIL 10
1º - PRIMARIA 12
2º - PRIMARIA 12
3º - PRIMARIA 17

 

2ª AVALIACIÓN: MES DE MARZO

EXPOSICIÓN: "ADOPCIÓN: LA MIRADA DE LOS PROTAGONISTAS"

02/04/2013 10:00
16/04/2013 11:00
Etc/GMT+2

A exposición que a Fundación Mª Xosé Xove nos concedeu sobre "Adopción: A mirada dos protagonistas", prevista nun primeiro momento para dispor dela entre o 11 e o 22 de marzo, queda aplazada para o mes de abril, do 2 ao 16.

Distribuir contido


  

by Dr. Radut