Profesional

AUXILIAR DE CONVERSA

Para o curso 2014 - 2015 foi adxudicada ao noso Centro a Auxiliar de Conversa Anne Lauren Hodkiewicz, de nacionalidade estadounidense. (Os auxiliares de conversa son estudantes ou profesores nativos que son destinados por un curso aos centros bilingües -ou plurilingües- para posibilitar a práctica da conversa oral, proporcionar un modelo de corrección lingüística e achegar o alumnado e profesorado á cultura do seu país. Colaborará coa mestra de Inglés nas clases desa lingua, así como na área de Plástica, en 6º curso).

PROGRAMACIÓN IV SEMANA CULTURAL

09/05/2012 00:00
16/05/2012 00:00
Etc/GMT+2
MÉRCORES, 9

INAUGURACIÓN da Semana Cultural e da Exposición adicada AO MAR E Á NOSA RÍA, á cargo de J. José Dieste, Alcalde de Boiro e Mª José Lorenzo, concelleira de Educación.

O armador Antonio Saborido impartirá unha charla sobre o mundo da pesca.

IV SEMANA CULTURAL: "A NOSA RÍA, O NOSO MAR"

Co fin de consolidar unha proposta anual consistente na programación dunha "Semana" adicada a algún aspecto relevante da cultura galega e, en especial, do patrimonio cultural do noso Concello, programamos a IV Semana Cultural, adicada este ano ao Mar.

Pretendemos relacionar a actividade empresarial desenvolvida por Valentín Paz Andrade, persoeiro ao que se lle adican este ano as Letras Galegas, co ámbito económico máis importante do noso Concello: o mar e os oficios e as empresas que del se derivan.

GRUPO DE TRABALLO

19/01/2012 00:33
Etc/GMT+2

Onte, martes, tivo lugar a primeira xornada de docencia do grupo de traballo que se formou este curso para aprender a manexar a pizarra dixital. Unha ducia de mestres do Centro solicitamos a aprobación dun proxecto en torno á PDI e as súas aplicacións na aula, do que é coordinadora a mestra Montserrat Vázquez. 

Fixamos a seguinte docencia para o martes, 31 de xaneiro.

Medios non é que dispoñamos de moitos, pero, por se algún día os temos, que non nos pillen desprevenidos.

Distribuir contido