PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA
Enviado por Anónimo o Lun, 11/08/2010 - 17:48O día 28 de outubro houbo no colexio un obradoiro para fomentar o consumo de conservas e produtos do mar. Este programa está subvencionado por diversos organismos de Galicia e europeos.
Participaron os rapaces de 3º, 4º e 5º de primaria. Na carpa instalada no patio do colexio elaboraron os seus bocatas con conservas vexetais, conservas de productos do mar e tamén hortalizas e vexetais frescos.
Os deliciosos bocatas coméronos posteriormente na hora do recreo e foron todo un éxito.
Se queres ver algunha foto, preme aquí.
HALLOWEEN
Enviado por Anónimo o Mar, 11/02/2010 - 18:00Os nenos do CEIP Santa María sufriron sorprendentes transformacións o pasado venres 29 de outubro: convertéronse en vampiros, zombis, monstros, momias... Trouxeron cabazas talladas que se acenderon e alegraron as clases. Os máis pequenos pintaron unha para poñer de carauta. Para ver o que desfrutaron podes pulsar aquí.
LETRAS GALEGAS
Enviado por Anónimo o Mar, 05/25/2010 - 08:28Este ano, na Semana das Letras Galegas, no colexio Santa María, ao igual que en todos os colexios de Galicia, coñecemos a vida e obra de Uxío Novoneyra.
Para o noso festival celebrado no Auditorio Alovi, preparamos con moito entusiasmo e ilusión dúas presentacións en informática; tamén fixemos danzas, bailes, teatro, contos...
Unha pequena mostra do noso traballo podedes vela aquí.
VISITA DE FRAN ALONSO
Enviado por Anónimo o Lun, 05/10/2010 - 17:03A semana pasada tivemos a fortuna de contar entre nós co escritor galego Fran Alonso.
Falounos aos alumnos do terceiro ciclo da poesía, de sitios onde a vida dos nenos é difícil... Tamén nos fixo rir e pasalo ben coa súa marabillosa intervención.
Agora tamén estamos gozando coa lectura dos seus libros.
DÍA DO LIBRO
Enviado por Anónimo o Mar, 04/27/2010 - 16:05O Día do Libro celébrase o 23 de abril por coincidir esta data coa morte do escritor Cervantes, coñecido autor do Quijote, e coa morte de William Shakespeare, famoso escritor inglés autor de obras ben coñecidas.
- Visionado dun capítulo do Quijote. Aprenderase a canción que serve de banda sonora aos vídeos de animación.
- Elaboración dun cómic despois de ver cada capítulo para elaborar o noso propio Quijote.
- Realización dun traballo de investigación sobre o autor.
- En educación infantil, identificación dos personaxes e os elementos máis significativos desta obra.
- Ambientación do colexio con motivos alusivos a esta data.
- Elaboración dun puzzle xigante no patio no que as pezas serán os libros preferidos dos nenos.
Para ver algunhas imaxes destas actividades, preme aquí.
ENTROIDO
Enviado por Anónimo o Sáb, 02/13/2010 - 23:38Este ano o Entroido no colexio Santa María foi moi peregrino, así o celebramos polas rúas das Pontes; cantando unha murga e visitando o noso Concello.
Se queres ver máis fotos do percorrido preme aquí.
Día da Paz
Enviado por Anónimo o Ven, 01/29/2010 - 10:36Na última semana de xaneiro o colexio converteuse nun instrumento de paz para conmemorar o Día escolar pola paz. O lema elixido para este ano foi Que vivan todas as razas.
Durante toda a semana ambientamos o colexio con murais relacionados co tema, entre eles un gran mural sobre o acontecido en Haití, elaborado utilizando recortes de xornais , para que os alumnos coñezan o que pasou e como o mundo enteiro está a axudar.
Como actividade de clausura, o venres 29, cantamos todos xuntos no patio varias cancións relacionadas coa paz.
Educación primaria: Que vivan todas as razas!
Educación infantil: Poema da Paz
6.º primaria: Un mundo mellor
5.º primaria: Sempre alegres
Para ver algunhas fotos deste día, preme aquí.
NADAL 2009
Enviado por Anónimo o Mér, 12/30/2009 - 16:19
No mes de decembro o colexio cambia de aspecto; nos corredores e aulas van aparecendo murais navideños, beléns, postais e, coma todos os anos, a nosa árbore de Nadal que está colocada na entrada principal. A súa decoración este ano foi con adobíos que semellaban arboriñas pequenas elaboradas con depresores e cartolina ondulada. As ventás do colexio enchéronse de carambos e estrelas brancas de neve.
O centro de interese que eliximos como fío condutor foron as tres linguas que se estudan na escola: inglés, galego e castelán, polo que o título do festival foi "Bo Nadal, Feliz Navidad, Merry Christmas". Os alumnos fixeron actuacións utilizando calquera delas para así contribuír a que os nenos se expresen con naturalidade nas linguas que se lles presentan no colexio.
Ao remate do festival contamos coa visita dos Reis Magos que se achegaron ata o Cine Alovi e repartiron agasallos doados pola ANPA do centro.
Para ver algúns dos nosos traballos, pulsa aquí.
FESTA DO MAGOSTO E DO PEÓN
Enviado por Anónimo o Xov, 12/03/2009 - 18:11O pasado venres, día 6 de novembro de 2009, celebramos o Magosto no colexio. Elaboramos murais, cantamos cantigas... e tamén comimos as castañas e tomamos as bebidas coas que nos agasallou a ANPA.
Como o día 6 de novembro chovía tanto, agardamos ao día de San Martiño para facer os xogos populares previstos no patio do colexio. O tempo axudounos, participamos todos os nenos e pasámolo estupendamente.
Para rematar as actividades do Magosto, houbo unha exhibición de peóns na que resultou haber verdadeiros artistas.
Preme aquí para ver todas as imaxes.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- seguinte ›
- última »