PROGRAMA REFÓRZA-T

O pasado luns 20 de xaneiro comezamos a actividade REFÓRZA-T, un contrato-programa da Consellería de Educación para a mellora do ensino.

Consiste en clases de reforzo para o alumnado de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Educación Primaria impartidas pola profesora Iria Pacio, nomeada pola Administración. Prestará apoio directo nas aulas de 5.º e 6.º en horario de mañá e a grupos de alumnos dos catro niveis pola tarde.

Establecerase un contacto permanente cos titores dos nenos participantes para conseguir unha mellora nos resultados académicos e nas dinámicas de traballo. Como coordinadora deste proxecto contamos con Marta Vilasuso, a nosa orientadora.