FELIZ VERÁN

FELIZ VERÁN

O claustro do C.E.I.P. Santa Irene quere dar as grazas ás familias que nos deixan para seguir medrando noutros centros, especialmente aquelas que, dunha ou outra maneira, sempre tiveron tempo para colaborar connosco dunha maneira altruista.

Queremos dar as grazas tamén ás familias que mostraron a súa comprensión ante a situación anómala deste curso e que fixeron un esforzo por un bo desenvolvemento da actividade escolar.

Parabéns a todo o alumnado!

FELIZ VERÁN A TODOS!