Guardar

BOSQUE

A RIOUXA O NOSO BOSQUE. OS CAMBIOS...

Ola, familias, como xa sabedes, o pasado curso estivemos a estudar e coñecer o Parque da Riouxa. Descubrimos que baixo o noso cole temos o CASTRO DO SINO, organizamos actividades de PADRIÑOS LECTORES (colaboración co IES de TEIS), fixemos TAREFAS DE LIMPEZA E CONSERVACIÓN e marcamos unha SENDA BOTÁNICA para que todos poideran coñecer as súas árbores. ¡Canto traballo!

Pero, a volta das vacacións, atopámonos con que algún destes traballos estaban danados ou destruidos. Aquí vos deixamos este vídeo, elaborado por Jose, que debe servirnos para reflexionar e apostar polo coidado da natureza e dos nosos lugares. É unha obriga coas vindeiras xeracións. Grazas a Jose e a todos os que traballastes para mellorar A RIOUXA, O NOSO BOSQUE.

SENDA BOTÁNICA COS ALUMNOS/AS DE 3º DE PRIMARIA

O ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA MARCOU A SENDA BOTÁNICA DA RIOUXA.

 

                                         

SENDA BOTÁNICA DA RIOUXA

O MARTES ELEXIMOS AS ÁRBORES QUE FORMARÁN PARTE DA NOSA SENDA BOTÁNICA.

 

VISITA A RIOUXA INFANTIL 3 E 4 ANOS

O ALUMNADO DE 3 E 4 ANOS VISITAN A RIOXA POR PRIMEIRA VEZ DENTRO DO PROXECTO A RIOUXA O NOSO BOSQUE, O PASARON FENOMENAL.

RECOLLERON UN MONTÓN DE FOLLAS E FROITOS DO OUTONO QUE CLASIFICARON NA CLASE.

MIRADE QUE BEN O PASARON.

 

Powered by Drupal - Design by artinet