Guardar

Parabéns Olivia!

O 20 de febreiro tivo lugar o acto de entrega dos premios da XIII edición do Certame de Pintura de Vigolandia 2019. A nosa alumna Olivia Aguilera, de 5º curso, foi unha das persoas afortunadas. Acudiu ao Concello de Vigo acompañada pola profe Nieves e recolleu o seu premio da man do alcalde, Abel Caballero.

Toda a comunidade educativa do CEIP San Salvador está moi orgullosa! Noraboa Olivia!

Powered by Drupal - Design by artinet