Guardar

NORMAS DO COMEDOR

                      CIRCULAR INFORMATIVA COMEDOR ESCOLAR 2017-2018

                                                    

 HORARIO

O servizo de comedor funcionará de 14 a 16 horas, dende o 11 de setembro ata o 21 de xuño (ambos os dous inclusive). O horario de recollida do alumnado e dende as 15.30 horas ( salvo en casos excepcionais que deberán ser comunicados e xustificados ante á Dirección do Centro).

Non se permitirá a saída dos nenos/as sen a presenza dos país ou persoas autorizadas. (agás os alumnos usuarios do transporte escolar, por suposto).

Deberán ser puntuais na recollida do alumnado, máximo as 16 horas. A reiteración no incumpremento da recollida do alumnado podería ser causa de exclusión do servizo de comedor

EMPRESA ADXUDICATARIA DO SERVIZO

A empresa que se encargará do suministro das comidas para este curso escolar será SODEXO CATERING .As empregadas da empresa son as encargadas da atención do alumnado e supervisan os tempos de lecer anterior e posterior ao xantar.

ASISTENCIA

Lembrámoslle a todos que as faltas de asistencia diarias teñen que ser comunicadas na secretaría do Centro ata as 9.30h. O alumno/a que en tres ocasións non comunique a súa ausencia poderá ser suspendido do dereito ao comedor durante 10 días. As faltas de asistencia de varios días sucesivos deberán ser comunicadas á dirección do Centro co correspondente informe médico si é por motivos de saúde; ou coa correspondente xustificación escrita se son asuntos familiares. O alumnado que, no prazo dun mes, non faga uso do servizo coa frecuencia solicitada, e non xustifique as faltas, causará baixa no comedor.

Según a aplicación de comedores calquer modificación nos días solicitados dalgún  comensal só serán efectivas a partires do mes seguinte á solicitude, e sempre que se comuniquen á Dirección do Centro antes do día 25 de cada mes.

MENÚS ESPECIAISNo caso de dietas especiais, deberá presentarse certificado médico actualizado no que se especifique o tipo de dieta necesaria ( celíaca, lactosa…).En caso de enfermidade  sobrevinda (gartroenterite ou outras) non fará falla certificado médico e se solicitará a dieta branda, sempre antes das 9.30h

NECESER: ASEO E LIMPEZA BUCAL

Cada alumno/a deberá traer na súa mochila un pequeno neceser , ou o que consideren oportuno, co seu cepillo e pasta para a hixiene bucal.Despois de utilizalo gardarano de novo na mochila para o dia seguinte. Os pais deberán controlar que a limpeza dos cepillos sexa a axeitada.

INCIDENCIAS NO COMEDOR

Calquer incidencia do comedor, calquer dúbida ou pregunta relacionada con este servizo deberá transmitirse á Dirección do Centro a fin de que se den as aclaracións oportunas. (En horario de comedor ou en horario de dirección)

Powered by Drupal - Design by artinet