Skip to Content

Consello escolar

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES/AS LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

A información deste proceso poden atopala na seguinte ligazón ELECCIÓNS REPRESENTANTES PAIS, NAIS E TITORES/LEGAIS ou no taboleiro do edificio administrativo do centro ( tamén está a vosa disposición o censo de pais e nais) en horario de 9:25h a 14:35h.

As candidaturas poderanse presentar do 9 ao 16 de novembro na secretaría do centro onde entregaráselles o documento a cubrir. 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021. Constitución da xunta electoral.

Adxúntase o documento coa información relativa á celebración de eleccións ao Consello Escolar e a Constitución da Xunta Electoral.

 

ADIAMENTO ELECCIÓNS CONSELLOS ESCOLARES

Xúntase a Resolución do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

CALENDARIO PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS 2020-21

CALENDARIO PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS 2020-21

Adxuntamos, segundo a Resolución do 30 de setembro de 2020 (DOG do xoves, 8 de outubro), o calendario previsto para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

Consello escolar

A través do consello escolar participan na xestión do centro os distintos membros da comunidade escolar. Está formado por:

  • O director, que é o seu presidente.
  • A xefa de estudos.
  • Cinco mestres/as elixidos polo claustro
  • Cinco representantes dos pais/nais.
  • A secretaria do centro.
  • Un representante do concello.
  • Un representante do persoal de servizos.

Algunhas das súas atribucións son:

  • Establecer directrices para a elaboración do PEC, aprobalo, avalialo e introducir modificacións.
  • Decidir sobre a admisión do alumnado.
  • Aprobar e modificar o Regulamento de Réxime Interno.
  • Resolver os conflictos e impoñer as correcións a aquelas condutas do alumnado que prexudican gravemente a convivencia do centro.
  • Aprobar o proxecto de orzamento do centro.
  • Aprobar e avaliar a programación xeral anual e a programación das actividades extraescolares e complementarias.
  • Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados da avaliación que do centro realice a administración educativa
Distribuir contido


by Dr. Radut