Skip to Content

Protocolos Covid

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O CIDADÁN A TRAVÉS DA WEB DO SERGAS

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O CIDADÁN A TRAVÉS DA WEB DO SERGAS

Faga clic na imaxe para obter información sobre as actuacións frente a COVID-19.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Publicación dos criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros públicos e concertados no curso 2020/21

Xúntase a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

 

 

O centro educativo encargarase de informar a través de Abalar como e cando se distribuirán as máscaras.

 

 

PROTOCOLO DE ACTUACIÓNS DE CONTACTOS ESTREITOS CON POSITIVO COVID

Informar que as persoas que poidan estar afectadas por un posible contacto estreito con positivo en COVID están informadas do protocolo a seguir. Se non hai comunicación por parte do Equipo Covid á familia non deben alarmarse, e seguiran desenvolvendo as súas actividades con normalidade cumprindo unicamente as normas sanitarias decretadas para a poboación en xeral.

Fagan clic no documento adxunto para obter imáis nformación.

 

MEDIDAS DE PREVENCIÓN BÁSICAS SARS-COV 2

Resumo das medidas de actuación segundo o protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 na versión do 16-09-2020

MEDIDAS DE PREVENCIÓN BÁSICAS - SARS-COV 2

2. Principios sanitarios básicos

  • -  Cada centro educativo deberá contar cun equipo formado na COVID- 19 que será referencia para o resto do persoal, profesorado, alumnado e familias.

  • -  Para a detección precoz no alumnado, estes (ou os seus pais/nais/titores/as legais) realizarán unha auto avaliación dos síntomas de forma diaria a fin de comprobar se estes son compatibles cunha infección por SARS-CoV-2 cuxos resultados non teñen que enviarse ao centro, pero si comunicar a ausencia.

ORGANIZACIÓN DO CENTRO ESCOLAR SEGUNDO O PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19

Segundo o protocolo de protección e o plan de adaptación do CEIP Plurilingüe San Roque de Darbo á situación COVID19, informamos dos cambios que haberá con respecto ás entradas e saídas do centro escolar; así como, dos aspectos máis significativos de organización respectando as directrices do "PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021".

Co fin de facilitar o desenvolvemento do plan, solicitamos ás familias ou representantes legais do alumnado ler detidamente as instrucións dadas facendo clic no documento adxunto que abaixo figura.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut