Skip to Content

Consello escolar

A través do consello escolar participan na xestión do centro os distintos membros da comunidade escolar. Está formado por:

  • O director, que é o seu presidente.
  • A xefa de estudos.
  • Cinco mestres/as elixidos polo claustro
  • Cinco representantes dos pais/nais.
  • A secretaria do centro.
  • Un representante do concello.
  • Un representante do persoal de servizos.

Algunhas das súas atribucións son:

  • Establecer directrices para a elaboración do PEC, aprobalo, avalialo e introducir modificacións.
  • Decidir sobre a admisión do alumnado.
  • Aprobar e modificar o Regulamento de Réxime Interno.
  • Resolver os conflictos e impoñer as correcións a aquelas condutas do alumnado que prexudican gravemente a convivencia do centro.
  • Aprobar o proxecto de orzamento do centro.
  • Aprobar e avaliar a programación xeral anual e a programación das actividades extraescolares e complementarias.
  • Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados da avaliación que do centro realice a administración educativa


page | by Dr. Radut