3 anos

BAILAMOS?

Ola nenas e nenos!

xa falta moi pouquiño para rematar este curso,

que vos parece si o facemos movendo o noso corpo? no seguinte enlance https://www.youtube.com/watch?v=z6DoPp-LkTA deixamos un baile moi divertido, queremos ver o ben que o facedes, asi que despois de practicar un pouco podedes mandar un anaquiño do voso baile a: sanroqueinfa@gmail.com

 

un saúdo e un bico moi grande das mestras de infantil

XOGOS FRESQUIÑOS...

Ola nenos e nenas!

Parece que chegan os días de sol e calor, no arquivo adxunto deixamos uns xogos con auga moi divertidos, esperamos que os disfrutedes moito,

un bico das mestras de infantil 

Relixión

 

SEMANA DO 18-22 MAIO

3 ANOS :ola nen@s!: para cando esteades cansos de xogar mándovos algunha tarefa.

FACER FICHA ADXUNTA:

SI TES GOMET , HAI QUE POÑER UN VERMELLO NOS NENOS QUE NON COIDAN A NATUREZA E UN GOMET  VERDE NOS QUE SÍ COIDAN A NATUREZA. SENÓN TENDES GOMETS PODES COLOREAR O CÍRCULO DE VERDE OU VERMELLO.

Relixión

SEMANA DO 11-15 DE MAIO

3 ANOS:

Ola nen@s  imos repasar un chisquiño  coa ficha que vos adxunto, seguro que vos acordades!!

Podedes colorear  a ficha adxunta.

A MOVERSE...

Ola nenos e nenas!

No ficheiro adxunto deixamos novos xogos ,esperamos que vos gusten moito.

Relixión

Ola nen@s,vouvos deixar tarefas  para esta semana, como o próximo domingo é o 

día da nai púxenvos varias cousas para que fagades para as mamás, a ver si vos gustan:

 -Escoitade esta canción https://www.youtube.com/watch?v=kD8KBITswVU  

-facer ficha adxunta.

un abrazo.

EXPRÉSATE, DIVÍRTETE E CÓIDATE!

Ola familias!

As mestras de infantil querémosvos propoñer algunhas actividades para pasar estes días o mellor posible. Esperamos que vos gusten. 

Dende o enlace poderedes descargar o documento.

Saúdos

OLA NENOS E NENAS!

As mestras do ciclo de Educación Infantil querémosvos enviar unha mensaxe....

 

 Galería/ Trucos para levantar el ánimo en solo 30 segundos ...

ÁNIMO!!!!

 

Sabemos que estades sendo uns auténticos superheroes e superheroínas neste

confinamento , pero vos queremos mandar ánimos e apertas para todos/as e para as

vosas familias .

Xa levamos días , ou mellor dito un mes nesta situación pero parece que se empeza a

ver algo de luz, para a semana seguramente xa nos poderá dar o aire na cara.

Para que o tempo que queda sexa máis levadeiro deixámosvos algunhas ideas que

podedes facer na casa:

 

A primeira MAXIA!!!!!

 

QUEREDES FACER MENSAXES SECRETAS??

Precisades :

·       Un folio branco

·       Bastoncillos dos oídos

·       Quitaesmalte

·       Betadine

·       Recipiente cunha pouca auga.

Listos/as????

1º Escribides nun folio a vosa mensaxe ou debuxo mollando o bastoncillo en acetona.

2º Deixámolo secar.

3º No recipiente con auga (mellor unha fonte onde caiba o folio) botamos un par de gotas de betadine e mesturamos.

4º DESCUBRIR A MENSAXE

Ao meter o folio na auga aparecerá como por arte de maxia a vosa mensaxe.

 Un saúdo e un bico das vosas profes. 

 

Relixión

Bo día nen@s!:

Supoño que xa estaredes cansos de tanto xogar cos vosos irmáns e vosos pais ,así que mentras non podemos voltar ao cole, vouvos mandar unha serie de tarefas e actividades que vos poden servir para entretervos o mesmo tempo que repasamos un pouco. 

Vamos entón:

Déixovos esta canci´n para repasar os membros da familia : https://www.youtube.com/watch?v=odI6zy0xPPQ

Tamén vos deixo un debuxo para colorear só os membros que teñades na vosa familia

Un biquiño,coidádevos

 

ENQUISA 3 ANOS

ENLACE ENQUISA (fai click aquí)

Powered by Drupal - Design by artinet