*** AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023/2024

Estimadas familias, informamos de que se publicou a Orde que regula o Fondo Solidario de Libros de Texto e axudas para material escolar.

Poden presentar a solicitude vía electrónica mediante a aplicación fondolibros (pulsa para acceder) ou de xeito presencial, presentando o impreso debidamente cumprimentado xunto coa documentación requerida.

Os impresos poden pedilos no centro ou descargalos AQUÍ. O prazo de presentación remata o MÉRCORES 21 DE XUÑO.

A renda a ter en conta é a do ano 2021

Documentación a presentar:

  • Anexos I e II debidamente cumprimentados
  • Fotocopia do Libro de familia onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar
  • Fotocopia do DNI (se se opón á consulta)
  • Declaración da renda do 2020 (se se opón á consulta)
  • Certificación de dicapacidade (se é o caso)
  • Percepción de pensión por incapacidades (se é o caso)
  • Sentencia xudicial de divorcio (se é o caso)
  • Volante de convivencia (se o solicitante carece de DNI e Libro de familia)
  • OUTROS: violencia de xénero, incapacitación, garda ou tutela da Xunta de Galicia...

1º e 2º de Primaria: Vale para libros de Texto e vale para material escolar 

-  Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €.

-  Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €. 

3º e 4º de Primaria: Fondo de libros de texto e vale para material escolar

-  Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

-  Alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

5º e 6º de Primaria: Vale para material escolar. Nestes cursos non hai libros de texto por ser EDIXGAL

 

 A contía da axuda para adquirir material escolar:

- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €.

- Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €

Máis información nas páxinas web:

*** LETRAS GALEGAS 2023

No noso centro estamos a celebrar as Letras Galegas e unha das actividades que fixemos foi un mural entre todo o alumnado.

 

 

Solicitude de participación na enquisa Escola inclusiva

Queridas familias, o centro está elaborando un documento denominado Plan estratéxico de mellora, que permitirá avaliar e actuar en distintos aspectos do centro que permitan unha gradual mellora e seguir contando con programas tan importantes como o PROA+, ACOMPAÑA, ARCO e outros como recursos de apoio importantes para o alumnado, proporcionandon apoios constantes e personalizando a ensinanza a cada alumno e alumna, adaptándonos as dificultades e dando resposta aos cambios constantes que acontecen hoxe en día.

 

Por este motivo, un dos aspectos fundamentais é a avaliación da situación do centro, e para lograla é necesaria a realización dunha enquisa por parte dos sectores implicados; profesorado, familias, equipo directivo e PAS. polo que agradeceriamos da vosa participación cubrindo o seguinte cuestionario (É ANÓNIMO):

 

 NOTA: Ten varias páxinas e resulta algo complicado, pero igualmente resulta moi valioso para o centro que o contestedes aínda que sexa parcialmente.

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO VINDEIRO CURSO 2023/2024

Con respecto ás solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2023/2024 está publicada a listaxe provisional (que con certeza coincidirá con listaxe definitiva) no taboleiro do centro (no recibidor xunto á conserxería).

Por motivos de protección de datos non podemos publicar aquí o nome dos admitidos, pero si podemos confirmar que  TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS, tanto as solicitudes para 4º de Infantil como as de 1º de primaria.

 

Polo tanto, avisarémoslles no mes de xuño para formalizar a matrícula.

*** Celebración 8-M: Día Internacional da Muller

O alumnado de 2º de Primaria, para conmemorar o Día Internacional da Muller, fixo unha lectura compartida do libro "Cuando las niñas vuelan alto" para Infantil e 1º de Primaria que foi todo un éxito!!!!

  

*** 8 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Un pouco de historia

Día Internacional da Muller: por que o 8 de marzo

O 8 de marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller na maioría dos países. O 8 de marzo —declarado oficialmente pola ONU en 1975— reivindícase a todas as mulleres e a igualdade completa de dereitos.

A idea dun día internacional da muller xurdiu a finais do século XIX, pero foron distintos sucesos no século XX os que derivaron na conmemoración que coñecemos hoxe. Un deles, quizá o máis simbólico, pero non o único, produciuse o 25 de marzo de 1911, cando unhas 149 persoas, a maioría mulleres morreron no incendio da fábrica Triangle Shirtwaist de Nova York.

                                                                                             

O suceso revelou as penosas condicións nas que traballaban as mulleres, moitas delas inmigrantes e moi pobres. O suceso non foi único —houbo outro incendio en circunstancias similares tres anos antes—, pero suscitou grandes mobilizacións e marcou no calendario un día que xa se empezou a conmemorar dous anos antes tamén na cidade de Nova York, onde as mulleres socialistas —tras unha declaración do partido en Estados Unidos— conmemoraron por primeira vez o Día Nacional da Muller. Era o 28 de febreiro de 1909 e máis de 15.000 mulleres saíron á rúa para reivindicar mellores salarios, redución da xornada laboral e o dereito ao voto.

 

  • Hoxe no noso cole 

Para conmemorar este día Repoluga, mascota da nosa Bibliocorón, fixo unha selección de libros sobre o tema das mulleres e expoñéronse na entrada do centro para que as diferentes clases puideran collelos para traballar na clase.

                                                                                                                       

 

O alumnado de 2º de Educación Primaria prepararon e leron o libro "Cuando las niñas vuelan alto" ás nenas e nenos de Educación Infantil e de 1º de Educación Primaria.

                       

Nas clases de Educación Infantil e de 1 e 2º de Educación Primaria elaboraron unha coroa e os cursos superiores un mural dando as grazas ás mulleres que aportaron algo o noso mundo.

                                                    

 

*** PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Do  1 de MARZO ao  20 de MARZO 2024

 

  • DOCUMENTACIÓN

- Fotocopia do DNI do alumno e copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros da unidade familiar.

                      -  De se dar o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

                      -  Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar cando se opoñan á consulta automática dos datos.

 - Información para as familias monoparentales, PREMER AQUÍ 

 

IMPORTANTE: A solicitude, xunto co Anexo II Bis deberá vir asinada polos dous proxenitores, titores ou acolledores do menor.

 

  • FORMAS DE PRESENTAR AS SOLICITUDES
    1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:  ADMISIONALUMNADO xunto coa documentación. 
    2. Na sede electrónica da Xunta   mediante Chave365 ou Certificado Dixital (DNIe ou similar). A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentación escaneada. Neste caso non é necesario entregar nin a solicitude nin a documentación no centro, sempre que se complete correctamente o procedemento.

    3. No centro. Hai que recoller o  impreso ED550B, cumprimentalo, asinalo e presentalo xunto coa documentación. 

 

    • NORMATIVA
      • DECRETO 13/2022, de 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación Anexo I

      •  Orde de 21 de octubre de 2022 polo que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedimiento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánicaca 2/2006, do 3 de mayo, de educación (DOG nº 212 do 8 de novembre de 2022).

 

  • ASPECTOS IMPORTANTES DA ORDE A TER EN CONTA:

Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. De presentarse máis dunha solicitude ou se se comproba a falsidade ou uso fraudulento da documentación achegada perderá os dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo ao centro de orixe.

 

  • OFERTA DE VACANTES

 

CURSO

VACANTES

4º INFANTIL

17 + 3 NEAE

5º INFANTIL

15

6º INFANTIL

4

1º PRIMARIA

1 + 3 NEAE

2º PRIMARIA

0

3º PRIMARIA

3

4º PRIMARIA

0

5º PRIMARIA

4

6º PRIMARIA

0

 

Informamos de que  as listaxes non poden ser publicadas no taboleiro exterior do centro nin na web, xa que a Axencia Nacional de Protección de Datos así o indica, polo que soamente serán expostas no taboleiro interno do centro. De todos xeitos, seguiremos informando a través desta vía durante todo o proceso.

 

 Calendario do proceso

 

 ⇒ Presentación da solicitude de admisión: 1 – 20 de marzo (ambos incluidos).

 ⇒ Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á finalización do prazo para presentar as solicitudes de admisión.  Do 21 de marzo ao 11 de abril. 

  Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas:  25 de abril.

  Reclamación das  listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas:  do 26 de abril ao 3 de maio. (na secretaría do centro onde presentou a solicitude)

  Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio.

  Reclamación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas, no prazo de 1 mes presentación de Recurso de alzada ante o Xefe Territorial de Educación de Pontevedra.

  Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: Do 20 ao 30 de xuño, (en xuño publicaremos máis información sobre este punto).

   Formalización da matrícula en ESO: Do 23 de xuño ao 07 de xullo(consultar na páxina web do centro de Ensinanza Secundaria onde se vaia a formalizar a matrícula por se teñen uns días específicos para a matrícula de cada curso)

 

 

 

 

 

Inicio do procedemento de RESERVA de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024

 

(SÓ PARA OS ALUMNOS QUE ESTE ANO ESTÁN EN 6º PRIMARIA)

Este luns 16 de xaneiro e ata o 6 de febreiro, comeza o prazo para reservar praza no Instituto no que os alumnos que este ano están en 6º de primaria, cursarán a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) 

A reserva de praza será para IES Faro das Lúas, centro ao que o noso colexio está adscrito, e para iso deberá:

- Cumprimentar manualmente e firmar a solicitude de reserva (modelo: Anexo I ED550A) e entregalo  a través dos propios alumnos no colexio antes do 6 de febreiro. (XA LLES MANDAMOS UNHA COPIA POLOS RAPACES)

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberán contar con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital. Enlace:  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ . Nese mesmo enlace poden atopar toda a información que precisen.

 

    Se queren ir a outro instituto diferente, non poderán reservar, e deberán agardar entre o 1 e o 20 de marzo, ao período de ADMISIÓN,  e entregar a solicitude de admisión (modelo: Anexo II ED550B) no centro onde desexen cursar estudos da ESO

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se vai presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

*** FELIZ 2023

                                                            

*** BO NADAL

Powered by Drupal - Design by artinet