Skip to Content

6º Primaria

8 DE MARZO: TAMÉN FÚTBOL

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria asistiu a unha charla o día 8 de marzo na que  se tratou un tema que suscitou controversia este curso entre estes alumnos e alumnas: As mulleres e o fútbol.

A capitana do R.C.Deportivo feminino, Miriam Rios, explicoulle como,  pouco a pouco, se van abrindo camiños para as mulleres neste ámbito tan restrinxido.

 

 

 

Miriam Ríos

Miriam Ríos

Miriam Ríos Barreiro é a capitá do Deportivo da Coruña. Unha futbolista que viviu todas as caras do fútbol. De pelexar case toda a súa carreira pola permanencia para ser un dos alicerces dun proxecto ambicioso que busca o ascenso á 1ª división. Leva case unha década ao máximo nivel, mesmo para superar unha lesión de xeonllo que puxo en perigo a súa carreira deportiva e levouna a reconverterse de dianteira a central. “Chorei moito as dúas tempadas que estiven sen poder xogar, pero ao final a ilusión e o amor por este deporte pódeno todo”, conta a Dixital  Football  Community.

 

Hoxe día da muller traballadora, fíxonos un oco na súa apertada axenda e regalounos a súa sabedoría e entusiasmo. Falándonos desde a súa experiencia sobre un mundo no que todavía non se alcanzou a igualdade entre homes e mulleres. Pero como ela dixo: "é responsabilidade das seguintes xeracións conseguila".

 

 

 

HAPPY CHINESE NEW YEAR. THIS IS THE YEAR OF THE PIG.

5th and 6th level celebrates the Chinese new year making lanterns and dragons.

DÍA DE ROSALÍA

5º A  participou no Día de Rosalía, celebrado no noso centro o venres, 22 de febreiro; recitamos poemas de Rosalía en 6º A de Ed. Infantil e tamén deixamos pequenos anacos da súa arte na cristaleira exterior do centro para compartir este día con quen quixera recollelos.

 

 

 

Obxectivo das 1000 grúas

Concerto: "La fábrica de los sueños"

MUSE AUDIOVISUAIS

CONCERTO: "LA FÁBRICA DE LOS SUEÑOS"

 

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria acudimos ao Palacio da Ópera para presenciar o concerto "La fábrica de sueños". É un concerto que ofrece a Orquesta Sinfónica de Galicia cunha presentación de bandas sonoras de diferentes películas, vai acompañado de material audiovisual e dun contacontos. A experiencia é grandiosa e moi adaptada ao público asistente.

IMAGINE EN LINGUAXE DE SIGNOS

Outra das cancións que imos escoitar o Día da Paz.

Distribuir contido


by Dr. Radut