Animación á lectura

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Cada 26 de setembro, dende o ano 2001, celébrase o Día Europeo das Linguas, por iniciativa do Consello de Europa. O obxectivo desta celebración é  promover  a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa e a aprendizaxe de linguas tanto dentro como fóra dos centros educativos.

 

O CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma sumouse á súa celebración elaborando un mural, no que colaboraron todos os grupos. O alumnado de infantil e cursos inferiores de primaria debuxaron nenos e nenas. Os cursos superiores pintaron o mural e buscaron a palabra <OLA> en moitas linguas europeas ás que acompañaron coa súa bandeira. 

 

 

MASCOTA BIBLIOTECA

Comezamos o curso buscando unha mascota para a nosa biblio. Para elixir o gañador, valoramos tanto  a orixinalidade da mascota como a historia da mesma, ligada ao mundo dos contos. 

A gañadora foi TECA, feita polos irmáns Alex e Antía Pita. O segundo premio foi para "A señora piña", de Irene, Inés e Marta. E o terceiro premio foi para LIRO, de Paula Docampo.

 

Noraboa a tod@s os/as participantes e moitas grazas polo voso esforzo e colaboración!!! 

 

1º premio

 

  

2º premio

 

 

3º premio

 

 

APADRINAMENTO LECTOR

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 4 DE E.S.O DO IES "RAFAEL DIESTE" VISITARON O NOSO CENTRO E FIXERON UNHA ACTIVIDADE DE APADRINAMENTO LECTOR COS ALUMNOS DE 3 ANOS.

 

DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, é o Día do Libro e, por iso, a biblioteca do colexio preparou unha fantástica iniciativa. Botádelle unha ollada no seu blog: Ollos e mans que len.


FINA CASALDERREY

A MULTIFACÉTICA FINA CASALDERREY (MESTRA,ESCRITORA,CONFERENCIANTE,ETNÓGRAFA...) VISITOU O NOSO COLEXIO O PASADO 12 DE ABRIL.

SE QUEREDES COÑECER ALGO MÁIS DE ESTA AUTORA PREMEDE NA FOTO.

 

VISITANOS O AUTOR SILVESTRE GÓMEZ

O AUTOR DE LIBROS COMA "TI NON XOGAS" CONVERSOU COS NENOS E NENAS DE 3º CICLO.

 
   

PARA MÁIS INFORMACIÓN VISITADE O BLOG DA BIBLIOTECA.

POSTIMPRESIONISTAS

     O Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar propón unha serie de actividades relativas ó POSTIMPRESIONISMO (pintura e música) para realizar durante o último trimestre do curso 2010-2011.


Tedes información e actividades nos seguintes enlaces.



                      


        Grandes pintores 


 


      Músicos


 


 

TEXTOS PARA O ANTROIDO

     O Equipo de Dinamización da biblioteca escolar ten escollidos unha serie de libros que fan referencia ás diferentes culturas escollidas como tema para os disfraces deste antroido: Exipto, Roma, Cultura Hippie..., expostos na entrada da biblioteca.


   Guay  Animádevos e consultade os textos para complementar o tema dos vosos disfraces.

Powered by Drupal - Design by artinet