Skip to Content

Alimentación saudable

É un reto nas sociedades actuais a promoción da saúde e da calidade de vida, aspecto que ocupa e preocupa a un número moi importante de cidadáns. A escola como reflexo da sociedade, terá que afrontar este reto con rigor e recursos baseándose na evidencia científica e nos valores e determinantes da saúde poboacional. Numerosos estudos ben documentados conclúen que os hábitos que  repercuten de xeito negativo na saúde e na calidade de vida poboacional poden mudar se dende as institucións e administracións se toma partido de xeito decidido.
Unha actividade física regular para combater o sedentarismo, unha alimentación saudable baseada en produtos naturais, non procesados e libres de graxas saturadas, unha dieta a base de produtos de proximidade con unha baixa pegada carbónica, un uso responsable de empaquetados e embalaxes reciclables, utilizables e libres de plásticos, redundarán nunha perspectiva de cambio e mellora tanto da contorna natural como da saúde poboacional en xeral.
Dende os centros educativos non debemos dar as costas ante esta realidade e afrontar esta eiva como un reto propio que implique ás nosas comunidades educativas. O poder transformador que teñen os centros educativos  é unha ferramenta indisociable da sociedade, polo tanto deberemos tomar partido e actuar en beneficio do noso alumnado e da sociedade en xeral.

Neste curso académico afrontamos o reto de participar nun proxecto para traballar este tipo necesidades.

Os obxectivos son:

1.- Aumento do consumo de froitas e verduras.
2.- Diminuír o consumo de bebidas azucaradas.
3.- Diminuír o consumo de graxas saturadas (doces industriais e
petiscos).
4.- Concienciar ao alumnado da importancia dun almorzo e merenda sa e
completa.
5.- Restablecer a merenda e o almorzo como unha necesidade na
infancia.
6.- Incrementar o nivel de actividade física diaria no alumnado.
7.- Recoñecer e consumir produtos naturais de tempada e de cerecanía



page | by Dr. Radut