Anuncio da apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CEIP San Miguel de Reinante Barreiros como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022-2023.
As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro que desexen, ao longo do curso 2022-2023, colaborar nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión cubrindo a solicitude adxunta (dispoñible tamén na Secretaría do centro) e presentándoa no centro.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2022, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2022.
Durante o curso escolar 2022-2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.
No caso de ser seleccionados polo Consello Escolar para o posto, deberán achegar a seguinte documentación:
- Carné de Manipulador/a de alimentos (emitido con data 24/06/2015 ou posterior)
- Certificación do Rexistro Central de delincuentes sexuais que acredite non ter sido condenado/a en sentencia firme por delitos sexuais.
- No caso de ser estranxeira, deberá achegar ademais un certificado negativo de antecedentes penais do seu país de orixe ou de onde é nacional, traducido ao galego ou castelán e legalizado de conformidade cos Convenios Internacionais en vigor, sempre respecto dos delictos aos que se refire o artigo 13.5 da Lei Orgánica 1/1996.
- Copia do NIF/NIE.
- Certificación acreditativa dunha entidade financieira onde dispoñan de conta, aos efectos de poder realizarlles os correspondentes pagamentos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude Colaboradoras-es Comedor 22-23.pdf | 126.53 KB |