Dende o día 11 ao 18 de MAIO de 2020 (ambos inclusive) atópase de novo aberto o prazo de admisión de novos alumnos/as neste centro para o curso 2020-2021.
Poden recoller os impresos correspondentes (Anexo II) no colexio en días lectivos (de 10:00 a 14:00 h)
Deberán achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:
-
Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
-
Documento acreditativo do requisito da idade do alumno/a (copia da páxina do libro de familia onde figure o neno/a ou copia do DNI do neno/a).
-
Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos en cada nivel educativo ou etapa (soamente para os que realizaron estudos noutros centros).
-
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de darse o caso.
Publicación das listases provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
|
-
MATRÍCULA:
A formalización da matrícula realizarase do 1 ao 10 de XULLO de 2020.
O alumnado que se matricule por primeira vez neste centro, deberá presentar a solicitude Anexo III acompañada dos seguintes documentos:
-
Dúas fotos tamaño carnet.
-
Fotocopia da Tarxeta da Seguridade Social.
-
Informe médico onde conste que, dende o punto de vista sanitario, o alumno/a se atopa en condicións de matricularse nun centro ordinario (non é preciso mercar o impreso oficial).
San Miguel de Reinante, 8 de maio de 2020.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Convocatoria admisión e matrícula COVID19.pdf | 179.69 KB |