CEIP San Martiño

 

blogue deplacer

LISTAXE DE ADMITIDOS/AS NO SERVIZO DE AUTOBÚS

Enviado por placer o Xov, 03/09/2020 - 05:09

Reunido onte, mércores, día 2 de setembro o Consello Escolar deste centro para baremar as solicitudes de servizo de autobús, publícase a listaxe de admitidos/as e non admitidos/as para a súa difusión entre os interesados/as.

Poden consultar dita listaxe no seguinte ficheiro adxunto.

 

COMUNICACIÓN A TODAS AS FAMILIAS DO CENTRO

Enviado por placer o Sáb, 29/08/2020 - 09:02

INICIO DO CURSO 2020-21

Ante o inminente e desexado inicio de curso 2020-21, queremos comunicar a todas as familias do centro, que xa temos preparado o Plan de Adaptación á situación Covid19 para recibir a todo o alumnado respectando as  medidas recomendadas polas autoridades pertinentes.

Nos próximos días recibirán a través de AbalarMóvil varias convocatorias de reunións, que queremos manter coas familias para informalas destas medidas antes do inicio das clases.

Estamos a traballar para poder dar por finalizados estes preparativos, salvando todas as dificultades que estamos atopando, sobre todo de falta de suficientes medios e de persoal, pero a realidade é que as condicións son similares en todos os centros de Pontevedra e cremos que, a pesar de todo,  é necesario nestes momentos contar con toda a nosa comunidade educativa: familais, profesorado, persoal non docente...para facer que a volta ao centro e a actividade presencial sexan unha realidade que todos ansiamos e que os nosos nenos e nenas necesitan.

Polo de agora, e nestes derradeiros días de agosto, estamos aínda perfilando este Plan de Adaptación,  ao abeiro das novas normas que se van publicando, como por exempo, a Orde do 28 de agosto de 2020 da Consellería de Sanidade, pola que se establecen algunhas modificacións das medidas habidas ata agora. Pensen que a situación é cambiante día a día e que polo tanto as medidas a tomar deben ser tamén flexibles e adaptadas á situación que se xenere segundo a evolución da pandemia.

Reciban un cordial saúdo.

A dirección

Novos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) no ámbito educativo

No día de hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020 que, no ámbito educativo, estableceu varios acordos. Para máis información podedes consultar a Resolución anterior.

 

ORIENTACIÓNS

Enviado por placer o Dom, 19/04/2020 - 07:37

3º TRIMESTRE

O pasado venres, 17 de abril, a Consellería de Educación publicou as primeiras orientacións provisionais para desenvolver o 3º trimestre, á espera aínda de que o goberno central dea a conocer cales van a ser directrices que debamos seguir en relación ao curso escolar e sempre á espera de como vaia evolucionando a pandemia do COVID-19.

Se queren consultar ditas orientacións, poden premer no seguinte enlace:

ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS

De momento seguimos á espera de recibir instruccións definitivas de como abordar o que nos queda de curso. Seguiremos en contacto coas familias como ata agora e traballando tamén na AULA VIRTUAL para apoiar a todo o noso  alumnado.

Reciban un cordial saúdo de todo o profesorado á espera de que esta situación acabe o antes posible e poidamos volver á normalidade .

A Dirección

 

COMUNICADO ÁS FAMILIAS DO CENTRO

Enviado por placer o Mar, 14/04/2020 - 06:47

Estimadas familias.

Unha vez finalizado o período vacacional da Semana Santa e dado que dende o 13 de marzo seguimos en estado de emerxencia, o profesorado deste centro está á espera de recibir instrucións da Consellería de Educación co fin de establecer criterios e acción concretas no que nos resta de curso.

Na páxina da Consellería podemos atopar un comunicado ao respecto que di: “Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan.”

Así pois, quedamos á espera de ditas instrucións de mañá mércores e a partir de entón, adoptaranse as medidas cara ao que nos queda de curso, ao abeiro do que as autoridades educativas nos indiquen.

O profesorado deste centro intentará en todo momento manter coas familias,e na medida das posibilidades que cada situación concreta presente, a mellor comunicación e atención posibles.

A dirección

COMUNICADO A TODAS AS FAMILIAS DO CENTRO

Enviado por placer o Ven, 03/04/2020 - 10:23

Tras realizar as sesións de avaliación do 2º trimestre e de ter vostedes as calificacións publicadas na aplicación AbalarMóbil, comezamos o perído vacacional de Semana Santa, durante o cal non se remitirán máis materiais telematicamente a través da AULA VIRTUAL.

Se algunha familia non pode ter acceso ás calificacións, posiblemente sexa porque o sistema teña ao longo do día de hoxe recarga de datos, o cal sucede algunas veces coas plataformas da Xunta. Rógamos, teñan paciencia, dado que somos moitos accedendo á mesma. Aínda así, en caso de que realmente pasado este día tampouco teñan acceso, lles recomendamos que chamen ao teléfono 881 997 701 da UAC ( Unidade de Atención a Centros). Alí os técnicos da mesma os poden axudar a resolver o problema. Desde o centro consultamos esta mañá coa UAC e nos confirman que a configuración que empregamos para facerllles chegar as notas ao alumando é correcta, polo tanto, debemos agardar ao longo deste día para ver se o sistema se restablece.

Ao regreso deste período, estamos á espera de recibir por parte da administración educativa instruccións concretas para ver de que maneira se vai afrontar o que queda de curso e sempre á espera de cómo evolucione a pandemia do COVID_19.

O profesorado do centro traballa día a día para tratar de facerlles chegar ao noso alumando aqueles traballos curriculares que lles sirvan para manter contacto co centro e tamén para non perder o hábito de traballo.

En canto remate a Semana Santa o profesorado reunirase para adoptar criterios para a continuación do curso, ao abeiro do que indique a Consellería e llo faremos saber o antes posible.

Agradecémoslles a todos vostedes as amosas de ánimo e de comprensión, que están tendo co centro e dende aquí aproveitamos para manifestarlles tamén a nosa preocupación por todo o que estamos a vivir e desexamos que a nosa comunidade educativa manteña a súa seguridade e saúde para cando poidamos voltar…

En nome do equipo directivo e de todo o profesorado envíolles un saúdo co noso respeto e cariño, esperando que nos poidamos ver pronto.

A dirección.

MEDIDAS ADOPTADAS ANTE A PANDEMIA DO CORONAVIRUS

Enviado por placer o Dom, 15/03/2020 - 20:12

POR ORDE DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

ESTE CENTRO PERMANECERÁ PECHADO

DENDE O 16 DE MARZO ATA NOVO AVISO

 

Debido á gravidade da situación que estamos a vivir con motivo da pandemia do coronavirus COVID-19 as autoridades competentes tomaron a medida de pechar os centros educativos e  suspender as actividades presenciais en materia de educación dende o luns 16 ata o 30 de marzo.

O profesorado do centro e o equipo directivo fará todo o que estea ao seu alcance para achegar ao alumando aqueles materiais curriculares de carácter xenérico, que se poidan remitir telematicamente ao longo deste período e dentro das posibilidades que teña o centro e as mesmas familias. Rogamos estean atentos á páxina web, correo electrónico, blog do centro…, medios polos cales, o profesorado que aínda non o puido facer, procurará remitir ditos materiais.

Segundo a  RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, un membro do equipo directivo estará presente no centro dende as 10:00h ata as 13:00h, o cal poñemos no seu coñecemento para que poidan poñerse en contacto vía telefónica co centro, en caso de necesitar algunha aclaración.

En canto ao procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2020-21, interrompido debido a esta situación excepcional que estamos a vivir, informarlles de que o prazo de presentación se prorrogará una semana máis a partir do día que se reabra o centro con normalidade.

Rogamos que teñan paciencia e serenidade ante esta situación tan grave sen precedentes: agora o máis importante é colaborar coas autoridades sanitarias para evitar entre todos que esta pandemia se siga a propagar.

O máis importante sempre é a saúde e a seguridade de todos.

Reciban un cordial saúdo.

Equipo Directivo do CEIP San Martiño

Becas para comedor escolar

Enviado por placer o Lun, 09/09/2019 - 07:28

 

Poñemos en coñecemento de todas as familias interesadas no presente curso escolar 2019/20 na solicitude de Becas Comedor a través da FANPA, que o procedemento e a documentación a aportar é a seguinte:

 

PINCHE NA SEGUINTE LIGAZÓN:  BECAS COMEDOR

 

 

 

Becas para alumnado con NEAE

Enviado por placer o Lun, 02/09/2019 - 08:20

 

 

Prazo de presentación de solicitudes: ABERTO dende o 28 de xullo de 2019 ata o 26 de setembro de 2019.

Poden atopar toda a información necesaria pinchando na seguinte ligazón: BECAS.

 

DOCUMENTOS BASE

Enviado por placer o Mar, 20/11/2018 - 13:29
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.