Deportes

BÁDMINTON

O 4 de maio os alumnos/as participaron nos torneos de Bádminton en Rámiras.

Parabens a todos os participantes e en especial a categoría masculina xuvenil que quedaron subcampións.

CARREIRA DO SAN MARTIÑO 2016

04/03/2017 14:59
Atlantic/Bermuda

CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza todos os anos a carreira pedestre popular do San Martiño. Na modalidade escolar, este ano participou do cole o noso compañeiro Martín, a quen queremos felicitar pola súa medalla! Parabéns!!!

Correndo por Ourense - Carreira do Vinteún

02/05/2013 11:21
Etc/GMT+1

O domingo 28 de abril celebrouse en Ourense  a primeira carreira do  Circuito de Carreiras Populares “Correndo por Ourense” tocándolle nesta ocasión ao barrio do Vinteún. Algúns nenos e nenas do noso colexio achegáronse  ata Ourense para participar na carreira, animados polo seu mestre de educación física. Como podedes comprobar nas fotos,  colléronlle o gusto e seguro que participarán nas posteriores citas con vistas, seguro, a mellorar o tempo da San Martiño 2012. 


Kilómetros de solidaridade

02/05/2013 11:15
Etc/GMT+1

Este xoves 25 de abril levouse a cabo no campo da feira de Cartelle a carreira “ Kilómetros de solidaridade”, organizada polo CEIP San Marcos. Esta proposta foi  iniciada pola ONG  Save the Children no ano 2004  e transladada ós centros educativos. Os obxectivos desta carreira son dous:

  1. Sensibilizar ao noso alumnado  coas inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas en todo o mundo.
  2. Recadar fondos para axudar á infancia máis vulnerable nos países máis desfavorecidos e asegurar que se respeten os seus dereitos.

Para levalo a cabo cada participante buscou patrocinadores  que se comprometeron a abonarlle unha cantidade por cada kilómetro  que recorra. Dado que a carreira foi no campo da feira os kilómetros foron simbólicos e adaptados a tódalas idades. O diñeiro recaudado será enviado a Save the Children.

Agradecer a axuda prestada ao Concello de Cartelle e a Protección Civil.

Para máis información: http://www.savethechildren.es

 


UNHA FORMA DIFERENTE DE DEPORTE ESCOLAR

O martes 25 de maio os alumnos de 2º e 3º ciclo participaron nunha xornada lúdico-recreativa no colexio de Ramirás con outros coles da provincia. Practicaron diferentes xogos coa particularidade de que en cada equipo había mesturados alumnos de todos os coles. A experiencia resultou un éxito.

VER
MÁIS FOTOS. 

 


CAMPIONATO DE REMO EN CASTRELO DE MIÑO

O martes 1 de xuño os alumnos de 6º asistiron á fase final do compionato de remo indoor (en ergómetro) no Clube Náutico de Castrelo de Miño, dentro do programa “Vogar na escola, campións do Ribeiro 2010” Había moito nivel, pero aínda así Cristina clasificouse para a final. Ademais, cada un obtivo un diploma pola súa participación.

Para saber máis sobre este campionato e ver fotos clica aquí.

Se queres saber máis sobre o Clube Náutico clica aquí.

VER FOTOS dos nosos participantes!

Powered by Drupal - Design by artinet