Skip to Content

Curso 2018-2019

Día da Paz

E chegou o Día da Paz!

Na biblioteca do cole levamos a cabo varias actividades para celebrar este día:

Escribimos cualidades positivas sobre os compañeiros.

               

Interpretamos unha pequena obra de teatro e recitamos un poema da paz en inglés. Finalizamos o acto cantando todos xuntos "Campás pola paz"

Pica aquí para ver todas as fotos

 

XOGOS TRADICIONAIS

Comezamos xaneiro cunhas sesións de xogos tradicionais con Lito.

          

ANIVERSARIO DECEMBRO

Rematamos este 2018 co aniversario de Roberto.

Parabens!

NADAL

Chegou o Nadal ao noso colexio! Un mes moi especial onde os nenos/as escribiron as súas cartas aos Reis Magos e Papá Noel, recibindo a súa ansiada visita e como non agasallos.

Os pasillos lucían as manualidades de nadal feitas con piñas. Os nenos/as intercambiaban cartas postais e apertas cos seus amigos invisibles.

Nervios e ganas de actuar no festival que deu o peche a este mes de decembro e a este primeiro trimestre.

Pica nas distintas imaxes para ver as fotos.

                             

                          MANUALIDADES                                         AMIGO INVISIBLE

                    

               VISITA REIS MAGOS E PAPÁ NOEL                               FESTIVAL

SAÍDA

No mes de decembro todo o colexio puido disfrutar dunha saída a Celanova. Os nenos/as difrutaron dunha xornada de patinaxe sobre xeo e visita ao Mosteiro.

Pica na imaxe para ver as fotos.

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

Parabéns a Toni, Aurora e Chloe que cumpliron anos no mes de novembro.

MES DA CIENCIA

Durante todo o mes de novembro celebrouse por toda Galicia o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Como non podiamos ser menos, dende a nosa biblioteca levouse a cabo unha actividade chamada "Bibliociencia". Algúns nenos/asacompañados polas súas familias demostráronnos experimentos científicos.

Queremos dar as grazas á mamá de Inés e de Aurora, ao irmán de Elia e  a Dani e Roberto por participar nesta actividade.

Pica na foto para ver os seus experimentos.

ANIVERSARIOS OUTUBRO

 

Parabéns a Ares, Sergio, Miguel, Valeria, Dani e Inés que cumpliron anos no mes de outubro.

HALLOWEEN-SAMAÍN

O martes 30 de outubro celebramos Halloween-Samaín cun montón de actividades. Fixemos unha merenda monstruosa, pasamos por unha tea araña xigantesca, os maiores representaron un conto de medo, xogamos ás tebras e fixemos unha búsqueda do tesouro: un tesouro de chuches!

Pasámolo xenial!

 

Pica na foto para ver as fotos

ANIVERSARIOS

 

 

Parabéns a Icía, Amanda, Paula, Zuleyma, Iker, Ariadna e Samuel que cumpliron anos nos meses de xullo, agosto e setembro.

BOMBEIROS

No mes de outubro recibimos a visita dos bombeiros. Déronnos unha charla de como previr os incendios e que facer no caso de haber un. Finalmente realizamos un simulacro de incendio.

Pica na imaxe para ver as fotos.

 

NOVIDADES

Comezamos o curso con reformas e novidades no noso centro!

Os nen@s de Educación Infantil van a poder disfrutar da súa nova clase. Teñen chan e aseo novo. As reformas tamén chegaron á biblioteca do centro cuns chans novos e nova remodelación que axiña xa veredes!

Ademais este ano como novidade, o noso centro incorpórase ao Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares. Parabens ao equipo de Biblioteca!

 

 

 

BENVIDOS

CURSO 2018-2019

 

Xa estamos de volta!

Benvidos ao curso 2018-2019. Esperámosvos o mércores 12 de setembro ás 10:00h.

Distribuir contido


by Dr. Radut