Ed. Infantil

Día de portas abertas no CEIP San Marcos

02/05/2013 11:25
Etc/GMT+1

Como xa vén sendo unha costume no CEIP San Marcos o día 30 de abril foi “O día das portas abertas”. Esta xornada estivo organizada pola ANPA  en colaboración co claustro e o Concello de Cartelle. Nela, o futuro alumnado do centro acompañado dos seus pais ou titores, coñeceu as instalacións do colexio e participou dalgunhas actividades.

Ás 14 horas chegaron os pequenos e tras unha curta visita ao comedor, gozaron do seu primeiro recreo. Ás 15 horas deron un paseo polas aulas  e media hora máis tarde, xa na clase de infantil, puideron imaxinar como serán os seus primeiros anos de escolarización. Coñeceron á súa futura mestra e xa para rematar  dúas nenas de sexto, Sonia e Marta, tíñanlles unha sorpresa: íanlles contar o conto “Queres xogar comigo?

Para poñer o broche final, visitáronnos os títeres A Xanela do Maxín coa actuación  “Chincha Rabincha”. Participou todo o alumnado  nesta última sesión lectiva.

Xa dentro do horario de extraescolares , os nenos e nenas  comprobaron o ben que o pasan os nenos na actividade de patinaxe.

 


Powered by Drupal - Design by artinet