NOVAS

27/06/2017 18:45
Atlantic/Bermuda

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2019-2020 

Presentación de solicitudes de admisión                                       Do día 1 ao 20 de marzo                                                           
Publicación da lista provisional de admitidos e non admitidos                           Día 24 de abril
Prazo de reclamación Do 25 de abril ao 3 de maio
Publicación da lista definitiva de admitidos e non admitidos Día 14 de maio
Prazo para a formalización da matrícula Do 20 ao 30 de xuño

MATERIAL ESCOLAR PARA EDUCACIÓN INFANTIL -

CURSO 2018/2019

*IMPORTANTE: O material do alumnado (roupa e material escolar) ten que vir co nome posto.

4º curso de Educación Infantil

  • Caixa con muda completa
  • Mandilón con abotonadura por diante
  • Bolsiña de merenda
  • Mochila
  • Visera
  • Coxín para a aula
  • Vaso
  • 4 lápices Noris HB de Staedtler
  • 1 caixa de ceras delgadas Plastidecor de Jovi
  • 1 tesoira de aceiro inoxidable 13,5 cm
  • 2 gomas de Milan Nata 612
  • 4 barras de pegamento grande Imedio
  • 1 bote de pasta Blandiver de Jovi

5º curso e 6º curso de Educación Infantil

  • Caixa con muda completa
  • Mandilón con abotonadura por diante
  • Bolsiña de merenda
  • Mochila
  • Visera
  • Coxín para a aula
  • Vaso

FIN DE CURSO 2017

23/06/2017 22:11
Atlantic/Bermuda

- FELICES VACACIÓNS -

O profesorado do centro desexa que todos os nosos alumnos e alumnas pasen unhas moi felices vacacións. Ata o próximo curso!!!

 

 

 

FESTAS DE AULA

23/06/2017 08:25
Atlantic/Bermuda

FESTAS DE AULA 2017

Onte, 22 de xuño, o profesorado titor do centro organizou unha festa de aula para celebrar o remate deste curso académico 2016-17. Organizados os preparativos, e unah vez feita a despedida do alumnado de 6º de primaria, profesorado e alumnado pasárono en grande xogando, bailando polas diferentes aulas e desfrutando dun día de festa.

 

SESIÓN DE CINE

23/06/2017 08:07
Atlantic/Bermuda

SESIÓN DE CINE

Este mércores 21 de xuño, os nenos e nenas do CEIP San Marcos asistimos no cole a unha sesión de cine. Con palomitas, visionamos a película "El bebé jefazo". Quedáronnos ganas de repetir!!!

Excursión Leiro 2017

07/06/2017 15:53
Atlantic/Bermuda

EXCURSIÓN A LEIROSorriso

Onte, día 6 de xuño, os nenos e nenas de educación infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria, fomos de excursión á "Aldea Cavernícola" de Leiro. Alí xogamos nas colchonetas, fixemos tiro con arco, xogamos ao futbolín humano, bailamos, cantamos, "camiñamos" sobre a auga e, ao final da xornada, refrescámonos na auga do río. Pasámolo moi moi ben!

 

EXCURSIÓN MADRID

22/05/2017 23:07
Atlantic/Bermuda

EXCURSIÓN MADRID

DEPORTE ESCOLAR

22/05/2017 22:42
Atlantic/Bermuda

COMPETICIÓN DE BADMINTON EN RAMIRÁS

LETRAS GALEGAS 2017

21/05/2017 13:21
Atlantic/Bermuda

LETRAS GALEGAS 2017

Con motivo das Letras Galegas, no Ceip San Marcos festexamos este día coa lectura dos acontecementos máis importantes da vida do escritor Carlos Casares por parte do alumnado de 3º de primaria. A continuación, pegamos a caricatura do escritor na galería para, de seguido, asistir á representación da obra teatral realizada polos estudantes de 6º. Saiulles xenial!

TEATRO BANDE

17/05/2017 10:42
Atlantic/Bermuda

TEATRO EN BANDE

Un ano máis, o centro San Marcos participa na mostra de teatro organizada en Bande. Este ano, o alumnado de 6º de primaria participou cunha obra visionada polos seus compañeir@s de 5º. Saiulles moi ben!!!!

UN MONSTRAGARD

17/05/2017 10:33
Atlantic/Bermuda

UN MONSTRAGART

A nosa compañeira Elia, de 1º de primaria, decidiu escribir unha historia titulada "Un monstragart". Nela, aparecen todos os seus amigos e amigas da clase, os cales non coinciden en saber se a criatura aparecida na aula é un monstruo ou un lagarto.

 

Powered by Drupal - Design by artinet