Eventos
Unha ocasión mais visitounos o noso amigo Luis Vallecillo. Pero nesta ocasión non veu a contarnos contos, se non a "cantarnos contos".
A nosa Biblioteca foi o espazo ideal para unha fantástica sesión de "cantacontos"!
Moitas grazas Luis, e xa sabes, non tardes en voltar!
Por segundo ano terrorífico consecutivo, o día do medo pasámolo xunto c@s nos@s compañeir@s e amig@s de Ramirás.
Agradecemos de novo a invitación do CEIP Rogelio García Yáñez para asistir á xornada de convivencia.
A próxima será en Cartelle!
Disfrutamos dos arrepiantes obradoiros, o xantar daba pavor, pero o tunel da bruxa... o temor e os estremecementos puideron con nos!
Nada mellor para rematar que unha orixinal apócema para facer un bo feitizo!!!
Animados polo pulo da asociación Brinquedia, reivindicamos e celebramos un ano mais no 11 de novembro o "Día Do Peón".
Polo San Martiño... Peóns ao camiño!!!!
Dimos lectura ao manifesto 2015 e bailaron as buxainas!!!