Biblioteca do colexio, Bitácora da biblio

EDUCACIÓN DOCUMENTAL

Dentro do programa de formación de usuarios que se leva a cabo este curso dende o equipo da biblioteca este mes realizáronse dúas actividades cos alumnos e alumnas do segundo ciclo.

Por unha banda os alumnos de sexto realizaron unhas actividades de investigación empregando recursos web e da biblioteca. E expuseron o seu traballo  para os alumnos de infantil e primeiro ciclo.

 

Por outro lado, axudados polo coordinador duas alumnas de 5º e 6º colaboradoras da biblioteca explicaron ao resto de alumnos do terceiro ciclo o funcionamento e organización da mesma, así como ténicas de búsqueda de materiais.

DECEMBRO, MES DO NADAL

Chega o Nadal, tempo de maxia, ilusión e librosa, como non. Estes días a biblioteca encheuse de contos, poesías e panxoliñas.

Co EDLG colaboramos na elaboración dunha recopilación de panxoliñas, cantos de Nadal e cantos de Reis que podedes ver no libro que se coloco una biblioteca.

Aproveitando as características destas datas, como o consumismo, os alumnos/as de 5ºA representaros e reflexionaron co conto “Amelia ten un can” de Tim Bowly, publicado por Kalandraka.

Tamén os alumnos de 2º contaron “O Gato Lambón”, de Patacrúa.

Centrados xa en producción propias de estas datas, os ennos/as de 5 anos fixéronnos disfrutar con poesías e panxoliñas de Nadal, así como os alumnos/as  de 6º coas súas cantigas.

Puidéstedes comprobar tamén como a biblioteca se engalanou de Nadal; mirade esta árbore feita con libros.

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

Xa para rematar dende o equipo de biblioteca queremos desexarvos un Feliz Nadal e un ano novo cheo de bopas historias.

HORA DE LER - NOVEMBRO

Este mes na hora de ler imperou o teatro e a poesía.

No tocante ao primeiro puidemos disfrutar de varias obras:

-         

“O pitiño busca un amigo” (4º A EP)

-         

“Non é fácil pequeño esquío” (4ºA EP)

-         

“Un problema grande” (4ºB EP)

-         

“Loboferoz” (6ºB EI)

-         

“Dinosaur move your body!” (1º EP)

No tocante á poesía, os alumnos de 2º, nos fixeron disfrutar con poemas do libro “Ondas de verde e azul” de Ana María Fernández .Tamén, os nenos/as de 6º B fixeron una fermosa selección de poemas de árbores buscando tanto nos libros da biblio como na rede.

 

Todas estas experiencias parten de libros da biblioteca, traballados e adaptados na aula. Se vos gustaron as interpretacións invitámosvos a disfrutar coa lectura dos mesmos.

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA - 20 DE NOVEMBRO

O 20 de novembro celébrase o Día Mundial da Infancia, e dende a biblioteca quixemos facer partícipe a todo o cole desta celebración.

A explotación dos nenos e nenas, unanimemente reprobada pero estendida en todo o mundo, é un dos trazos característicos da nosa época. No século XXI, esta situación contra natura é máis tráxica ca nunca: preto de trescentos millóns de nenos padecen diariamente estas innobres humillacións, acompañadas de maltratos físicos, psíquicos e morais indescritibeis. Os abusos criminais que sofren como resultado da explotación manifestan non só a violación dos dereitos fundamentais de todo ser humano, e con maior razón dos nenos, senón tamén a violación sistemática, coa máis absoluta impunidade, das lexislacións nacionais e as normas definidas polos convenios internacionais.

Resulta difícil crer que aínda existen miles de nenos que morren cada día por malnutrición ou por problemas básicos sanitarios? Pero isto non só ocorre nos países do Terceiro Mundo; nos países ricos son cada vez máis os nenos que viven na rúa a causa da pobreza, o abandono ou a desestruturación familiar.

En España, un 24,3% dos nenos menores de quince anos viven en situacións precarias. Quizais aínda máis preocupante é o aumento de malos tratos. No ano 2005 rexistráronse máis do dobre de casos que no 2005, 2960, concretamente.

Coñecer os nosos dereitos, é o primeiro paso para poder loitar por eles

DÍA MUNDIAL DA DIABETES - 14 DE NOVEMBRO

A diabetes é una enfermidade que afecta ao modo en que o organismo utiliza a glucosa, un azúcar que constitúe a principal fonte de combustible para o corpo. Así como un reproductor de CD necesita baterías, o noso corpo necesita glucosa para seguir funcionando.

Isto sábeno ben dous alunmos do colexio, polo que dentro da campaña “Prevención e educación da diabetes” da Federación Internacional da Diabetes, decidimos dar a coñecer entre a comunidade educativa esta enfermidade, co obxectivo de normalizar e educar no respecto e na tolerancia.

 

Nos seguintes enlaces podedes atopar dous dos materiais empregados nesta actividade.

http://www.youtube.com/watch?v=9vDszIQaryI  (Carol tiene diabetes)

http://www.youtube.com/watch?v=kUSXJCfJlU8  (Lenny explica la diabetes)

OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA

logo

Ola! Son Marquiños, a nova mascota da biblioteca. Como vedes son un espantallo un pouco traste e revuldeiro e gustaría de vos acompañar en todas as aventuras que decidades emprender neste espazo máxico que é a Biblioteca.

Este mes de outubro celébrase o Día da Biblioteca (24 de outubro) e como son novo no cole os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo, acompañados pola profe María José, viñeron visitarme.

Como sabedes, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica cada ano uns  carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar.

O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR,trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.

Así que aproveitamos estas visitas para buscar e falar sobre diferentes textos nos que podemos ver experimentos, investigar  sobre diferentes temáticas, …. Tamén os alumnos/as de 4º participaron nun xogo de preguntas e respostas para celebrar con ciencia, o Día da Biblioteca.

ciencia

biblio

Powered by Drupal - Design by artinet