Biblioteca do colexio, Bitácora da biblio

Setembro

Remataron as vacacións de verán. Aló quedan os paseos en bici ata as dez ou once da noite, os castelos de area na praia, os baños na piscina, os longos días de sol... pero o certo é que xa tiñamos ganas de volver á escola. 

É momento de estar outra vez cos amigos, de xogar partidos de fútbol e brilé no patio, de aprender cousas novas e por suposto, de volver a ver a Marquiños. Si porque... Marquiños tamén pasou unhas boas vacacións viaxando de un sitio a outro e agora ten moitas, pero moitas cousas que contarnos, así que, coma sempre, fomos a visitalo á bilioteca para que soubese que xa estabamos de volta e preparase moitos libros para deixarnos e moitas historias para contarnos.

    

Algúns dos maiores, ademais de saudar a Marquiños, atendemos ás explicacións de Miguel para ser colaboradores da biblioteca. 

Imos axudar nos recreos para facer empréstitos e tamén asesorar aos nosos compañeiros cando non saiban por que libro decidirse.Guiño

 Os rapaces e rapazas da aula amarela empezaron o curso con moitas ganas de traballar e disfrutar, así que invitaron aos de 1º e 2º a ver a súa excelente representación do conto  "A pulga e o piollo". Ben feito rapaces.

    Cómo nos gustou esta representación. 

    Grazassssssssssssssss !!!!!!

XUÑO

Xa chegou o mes de xuño e como Marquiños tiña ganas de vacacións e de marchar de viaxe... pois decidimos que nós tamén marchamos

Pero non podiamos marchar sen dedicar este último mes sen facer algunha cousiña

Os nenos e nenas de 2º elaboraron un libro no que xuntaron todo o que levaban aprendido ao longo do curso sobre os castrexos: a súa cultura, a vida cotiá, o arte, e tamén sobre a saída á Torre de Hércules, na que investigaron sobre os datos máis curiosos e algunha que outra lenda. 

O libro podedes atopalo en ISSUU, no blog da clase e, en breve, no blog da biblioteca.

 

   

Tamén tivemos unha actividade especial para prepararnos para o San Xoán

Foi desenvolvida en E.I., 3º, 4º e 5º na hora de ler. Era un traballo elaborado por un alumno de 5º que investigou na súa familia e veciñanza arredor dos rituais do San Xoán o lumne e as herbas e o ramo. 

Tamén se convidou a un veciño que fixo as súas achegas desde a experiencia dos seus anos mozos

          
   

Pois... vémonos á volta. Bo verán !!!

MAIO

Outro mes cheo de actividades que, como sempre, queremos compartir con vós.

Empezamos coa presentación que fixeron catro alumnas de 6º A do libro Contos de contar. Animáronse a ler este libro a todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil e de 1º ciclo . Presentaron unha serie de 23 poemas breves nos que narraban pequenos actos cotiáns que cada personaxe do conto realizaba ao longo do día. Completaron esta actividade cun power point realizado por elas mesmas e presentaron ao seu público outros libros do mesmo estilo ou colección animándoos a buscalos na biblioteca

 

   

Un grupo de alumnos de terceiro realizaron unha dobraxe en inglés que fixo as ledicias do público. 

   

Os nenos e nenas de tres anos deixáronnos a todos coa boca aberta coa súa representación de "Unha eiruga moi larpeira"

   

Non podemos esquecer que este mes de maio é o mes das letras galegas e os nenos e nenas de Educación infantil celebrárono con gran intensidade. Recibiron unha carta da benquerida Rosalía de Castro contando cal era o motivo deste día tan especial e invitando a todos a investigar sobre a figura de Manuel María, e eles, como teñen moitas inquedanzas e son moi traballadores... a iso se puxeron. 

Recitaron poemas como "A fala" ou "Señor Gato" e tamén viron un video sobre a vida de Manuel María que fixo a clase amarela. Para rematar a festa fixeron un concerto de musica tradicional no que cantaron varios poemas musicados de Manuel María.

   
   

E tamén no club lector fixemos algunha cousiña. Este mes, por fin , adicamos unha semana ao teatro, e fixemos as nosas interpretacións dos contos nos que traballamos todo o trimestre :El patito feo e Cenicienta

ABRIL

O mes de Abril foi un mes de gran actividade na nosa biblioteca porque non podemos esquecer que é o mes do libro por excelencia, xa que o día 2 celébrase o día Internacional do libro infantil e xuvenil e o día 23 celébrase o día Internacional do libro e dos dereitos de autor.

Por este motivo contamos cunha visita moi especial: Tucho Calvo . Ademáis de ser escritor sabe moi ben qué ocorre antes de que un libro chegue ás nosas mans, todos os procesos polos que un texto debe pasar e que nos axudaron a comprender canto traballo hai tras unha obra literaria .

Grazas Tucho, polo teu tempo e a túa entrega.

 

Tamén tivemos este mes outra visita moi especial , a dun historiador de Presedo que dirixe o Museo das Mariñas de Betanzos e que visitou a nosa biblioteca para afrontar as preguntas de 44 nenos e nenas de 4ºcurso . Alfredo Erias demostrou que, ademáis de ser un gran artista, tamén sabe saír airoso ante a entrevista dos alumnos e alumnas do San Marcos.

Grazas Alfredo!!

 

 

 Aló pola primeira semana de abril a orientadora , xunto cun grupo de alumnos e alumnas de 5º e 6º prepararon unha representación un tanto especial na que se escenificaban vivencias cotiás . A idea era ver como ás veces nos vemos inmersos en situacións conflictivas que non deberían de selo, así que tratamos de buscar as diferentes razóns que poden levar a elas e reflexionar sobre o xeito de solventalas ou, aínda mellor, evitalas.

   

 

 E como seguimos co proxecto das nosas raíces celtas, a profe Carina preparou un power point sobre o significado dalgúns dos símbolos celtas máis coñecidos . Foi moi interesante, e , se queredes, podedes velo no blog de Marquiños. Está en inglés, pero sempre é boa idea practicar un pouco!!

 

 

 

A partir da lectura dunha serie de lendas tradicionais galegas xurdiu entre o alumnado de 6º A a idea de combinar este tipo de manifestación literaria co imaxinario popular "recente", centrándose nesas historias e rueores que se coñecen como "lendas urbanas". Así, organizados en grupos, fixeron un traballo de investigación na rede coa finalidade de atopar diferentes histoiras maioritariamente escabrosas ou terroríficas que logo presentaron aos seus compañeiros.

   

 Alumnos e alumnas de 5º A fixeron un traballo chamado "Sobre nós" no que falamos dos medos que cada un pode sentir, por que e como vencelo

 

 

 

Ademáis houbo outras cousiñas, como a pequena obra teatral que preparou a profesora Sofía con nenos e nenas de distintos niveis con diálogos inventados polo alumnado a partir do poema "A bruxa Curuxa" , de Gloria Sánchez. Ou o recitado de alumnos de 5º B que memorizaron poemas de "Soños na gaiola", de Manuel María, para recitar no tempo de ler a grupos de 1º e 3º.

Para Maio... máis cousas!!!

 

MARZO

Como seguro que xa todos sabedes, este mes , o mes de marzo, é o mes adicado á poesía e por esta razón tivemos a colaboración de varios alumnos e alumnas de diferentes grupos que quixeron agasallarnos con recitados en galego e castelán que fixeron as ledicias de todos os que tivemos a sorte de escoitalos. 

Ler poesía non é tan doado como parece , por iso valoramos tanto o seu esforzo e as súas ganas de facelo para todos. 

 

 
   

 

Tamén tivemos a fantástica colaboración dos alumnos e alumnas de 1º B, que representaron o conto "A qué sabe a lúa" para os seus compañeiros do colexio. 

Fixeron un gran traballo !!!

   

Non podemos esquecer tampouco o grupo de alumnos e alumnas de 5º que prepararon un traballo de investigación sobre un tema que lles atraía enormemente :"os cans"  e que presentaron a varios grupos da escola

 

 

Un grupo de alumnas de 5º tamén investigaron sobre a vida de Rosalía de Castro. Coa axuda da profesora Sofía fixeron un traballo que o resto dos compañeiros do colexio  tivemos a sorte de ver e así, tamén, aprender un pouquiño máis sobre a nosa gran poeta

 

Boletíns trimestrales da biblioteca

Cada trimestre publicamos un boletín no que vos contamos o que se fai na biblioteca, o material novo que adquirimos e calquera outra cousa que consideremos de interese.

Aquí poderedes consultar cada número que vaiamos publicando

 

                                                

Powered by Drupal - Design by artinet