Act. extraescolares

ENTROIDO 2011

No arquivo adxunto atópase toda a información da celebración

Inmersión Lingüística en Peares

O pasado día 10 de Outubro os alumnos de 6º curso fomos de excursión.

Foi unha aventura diferente, algo que non tiñamos feito nunca. Fomos a un centro de Inmersión Lingüística en Peares. 

CONCERTO PARA ALUMNADO DE INFANTIL

O pasado 12 de marzo disfrutamos dun fermoso concerto a cargo dun grupo de cámara da O.S.G. formado por 3 violíns, 1 viola, 1 contrabajo e 1 violonchelo.

Foi unha lección para pequenos e mestres que gozamos do son destes intrumentos musicais e dos diferentes ritmos que mantiveron a todo o alumnado atento e disfrutando coa súa actuación.

Moitas grazas por achegarnos e gozar dunha música que non está ao alcance de todos.

 

 

CELEBRAMOS O ENTROIDO

Un ano máis o CEIP Plurilingüe "San Marcos" celebra o seu entroido. Este ano disfrazámonos de diferentes oficios. Polo patio do Colexio desfilaron médicos e enfermeiros (Infantil), camareiros (1º Ciclo), pintores (2º Ciclo) e cociñeiros (3º Ciclo). O tempo nos respetou e despois de moitas dúbidas puidemos desfilar e cantar ademais de comer as deliciosas filloas, orellas e rosquillas aportadas polas familias do alumnado (unha vez máis temos que agradecer a colaboración das familias coas celebracións do centro), para rematar co tradicional chocolate que preparan na cociña como sobremesa do xantar.

A continuación unha pequena mostra fotográfica.

   Un grupo de infantil

        Os pintores de 2º Ciclo

      Camareiras/os levando a súa bandexa ben dereita

     Os maiores imitando a Arguiñano

    As nais do comedor tamén se sumaron á festa disfrazándose para a ocasión

   E para rematar ¡a disfrutar do xantar!

ANTONIO RODRÍGUEZ MENÉNDEZ CO ALUMNADO DE 4º NIVEL

O pasado 25 de xaneiro o alumnado de 4º Nivel recibiu a visita de Antonio Rodríguez unha persoa que nos deleitou coa presentación do seu proxecto de formar persoas libro e darlle unha volta ao uso da palabra e dos sentimentos que producen. Durante moito tempo lembraremos o que el define falarlle aos demais con palabras de "chocolate fundido"

A continuación recollemos unha breve briografía: "Antonio Rodríguez Menéndez (Andújar, 1959) estudió Sociología y Magisterio. Es actor, director de teatro, dramaturgo y profesor en el Teatro Estudio Tuzla. En 2003 funda el Proyecto Fahrenheit 451 (las personas libro) y la Escuela de Lectura de Madrid, de la que deriva La voz a ti debida, todos ellos proyectos para el fomento de la lectura y la defensa de los libros".

 Un momento da súa charla    

            Un momento da súa charla                                                                                                       

Tamén pasaron as meigas pola nosa Biblioteca.

Como todos os anos celebramos no cole o Samaín. Os nenos adornaron os corredores e mailas aulas, pero o evento mais "terrorífico" foi a exposición de cabazas na Biblioteca para os alumnos e os pais, onde tamén se amosaron os títulos existentes relativos a meigas, pantasmas,....en definitiva....MEEEEEEDDDDDOOOOOOO!!!!

Agradecer a colaboración de todos aqueles que aportaron as súas "escalofriantes" cabazas e aos pais que aproveitando un ratiño achegáronse ata aquí para velas.

ATA O ANO QUE VEN SAPOS, BRUXAS E CURUXAS!!!!

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet