Normalización lingüística

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

Grazas á colaboración das familias, durante a semana do 5 ao 9 de marzo e na Biblioteca de Centro haberá unha exposición de fotografías anteriores ao ano 1970.

Todo o alumnado do Centro visitará a exposición de luns a xoves segundo un horario establecido e ademais do seu profesor titor estará acompañado por un dos membros do E.N.D.L.

Tamén abriremos a exposición ao público en xeral nos días anteriores. Para eles habilitamos un horario de luns a xoves entre as 16,30 e as 18,00 horas. O venres, para facilitar o acceso á maioría das persoas abriremos entre as 9,45 e  as 18,00 horas excepto de 14 a 15 horas que pecharemos para o xantar.

Esperamos a visita de todos vós e que a exposición sexa do voso agrado.

Por último agradecer profundamente a colaboración das familias cedendo unha importante cantidade de fotos que na maioría dos casos podemos considerar como verdadeiros tesouros. MOITAS GRAZAS.

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

EXPOSICIÓN: Proximamente abriremos a exposición de fotografías programada desde o ENDL do Centro. A exposición terá lugar entre os días 5 e 9 de marzo.

No apartado de Normalización lingüística desta páxina incluese a información sobre o desenrolo da mesma.

 

Powered by Drupal - Design by artinet