Normalización lingüística

CELEBRACIÓN DÍA DA LINGUA MATERNA

O día 21 de febreiro celebramos o día da lingua materna. Este ano contamos coa colaboración de pais, auxiliar de conversación e mestra do colexio, que falaron aos nenos a diferentes linguas. Búlgaro, francés, inglés e portugués escoitáronse na hora de ler deste día. A nós, os mestres, quédanos agradecer a todas as persoas a súa disposición para vir ao colexio e realizar a actividade programada. Grazas a todos. благодаря. Merci. Thanks. Obrigado.


RECOLLEITA DE CANTIGAS DE NADAL

Este ano dende o EDLG decidimos facer unha recolleita de panxoliñas e cantigas de Nadal entre todo o alumnado do colexio.

Agradecemos a vosa colaboración e aquí vos deixamos o resultado. 

OLLOS DE AULA 10

Pincha na imaxe para acceder á revista.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Éxito da exposición de cabazas. Dende o EDLG gustaríanos agradecer a colaboración e participación das familias nesta actividade e animarvos a seguir colaborando en anos vindeiros.

PARA SABER MÁIS DO SAMAÍN

   Samhain é a festividade de orixe celta, máis importante do periodo pagano que dominou Europa ata a chegada do cristianismo, na que se celebraba o final da tempada das colleitas nestes pobos, considerábase como o “Ano Novo Celta”, que comenzaba coa estación escura.

   É practicada dende hai máis de tres mil anos polos pobos celtas que poboaron toda Europa (en Iberia en lugares como Galicia, o norte de Portugal, algunas zonas de Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e en gran parte de León).

   Nos idiomas gaélicos “Samaín” é a palabra “novembro” e pode significar “fin do verán”.

   Rafael López Loureiro, mestre da escola de Cedeira (A Coruña) foi o responsable de redescubrir esta tradición e comprobar que existía por toda Galicia hasta hai menos de trinta anos. Tamén comprobou a súa pervivencia no norte de Cáceres, onde están situadas as aldeas de fala galega, e nas zonas de Zamora e de Madrid.

   Este estudioso analizou a relación do costume das cabazas co culto á morte e a semellanza coas tradicións irmáns das illas británicas. 

   Ata chegou a detectar peculiaridades como a de Quiroga (Lugo), onde a cabaza tallada se seca e consérvase para usala como máscara no Entroido.

   López Loureiro tamén divulgou a tradición das cabazas e a súa relación con Samhaín polos colexios e asociacións de todo tipo, o que está a provocar que cada vez haxa máis lugares nos que que se celebra esta festa sen pasar pola influencia dos Estados Unidos; pois foron os emigrantes chegados a América os que levaron esta tradición. Tamén promoveu, fai trece anos, o Samaín que aínda hoxe se celebra en Cedeira. 

   Nos últimos anos asitimos ao renacer dun tradicional costume dos nenos do país galego: o tallado de caveiras nas cortizas dos colondros, cabazas ou melóns.

   Extendida a súa recuperación baixo o nome de Samaín, son numerosos os colexios, concellos, asociaciacións e institucións que chegado o tempo de outono e perto do Día dos difuntos (2 de novembro) poñen en pé un evento, máis ou menos festivo, que pretende revindicar, frente a moda do Halloween, a galeguidade das caveiras alumeadas.

   “Facer o samaín” é xa unha nova expresión que, por vontade de uso dos galegos, donos da lingua, tenentrado no idioma. Samaín, Samhain, Sammonios, Sammas… son palabras gaélicas que non virían a significar senón “fin do verán” ou “asamblea da Samaín céltica, a grande reunión anual das xentes céticas, celebrábase ao redor do día 1 do mes de Santos (novembro) no lugar donde estaban as tumbas dos antepasados.


   O importante é retomar a tradición baixo as formas e maneiras que lle deron sentido en cada bisbarra: calabazotes, calacús, caliveras de melón, colondros, estantiguas… e con elas no corazón, erguela do esquecemento e ofrecerllas as xeracións futuras cos mesmos plantexamentos que lle deron sentido no pasado.

 

   Pero quen queira recuperala baixo o nome xenérico de “O Samaín” (que non exclúe, ben se entende, as nomenclaturas locais), saiba que se acolle a unha interpretación histórica coherente, aceptada por toda a historiografía europea.

Powered by Drupal - Design by artinet