Estimadas familias, queridos alumnos e alumnas... FELIZ DÍA DE SAN MARCOS!!!
Agardamos que todos sigades moi ben de saúde e que no día de hoxe vos acordedes moito de nós. Aproveitade a facer algo especial... que vos parece un postre , un debuxo para o cole, contar un conto??? O que queirades!! Estaremos encantados de que nolo contedes.
Ademais... hai boas novas. Xa sabedes que a partires de mañá podedes saír a dar unha volta. A que xa tedes ganas??
Deixámosvos información e tamén dous arquivos adxuntos. Nun tedes a Orden que emitiu o ministerio e noutro tedes un conto moi especial de alguén que tamén ten ganas de saír de paseo.
Moitos bicos e apertas de parte de todo este claustro que vos bota tanto en falta.
A partir de mañá, domingo 26, as nenas e nenos xa poderán saír a dar un paseo á rúa. Para estes paseos haberá que ter en conta unhas condicións básicas (Orden SND/370/2020, de 25 de abril, sobre las condiciones en las que deben desarrollarse los desplazamientos por parte de la población infantil durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19):
- Poden saír as nenos e nenas menores de 14 anos acompañados por un adulto.
- Poderán dar un paseo diario dun máximo dunha hora de duración entre as 9:00 e as 21:00 horas.
- Os menores irán acompañados por un adulto da súa familia, en grupos de un adulto e como máximo 3 nenos e nenas.
- Non poderán saír nenos e nenas que presenten síntomas ou estean en situación de illamanto domiciliaro debido a un diagnóstico de COVID 19.
- Manterase con outras familias unha distancia de a lo menos dous metros.
- Non se permite o aceso a espazos recreativos infantís ao aire libre nin a zonas deportivas.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
BOE-A-2020-4665.pdf [1] | 236.43 KB |
HOLA HUMANOS.pdf [2] | 2.85 MB |