INICIO DE CURSO. Información básica.

Estimadas familias.

Comeza un novo curso escolar, atípico e cargado de incertidume. A situación é incerta e cada día temos novas diferentes pero de seguro que coa axuda e colaboración de todos, sairemos adiante. 

Achegamos un breve PDF no documento adxunto coa información básica para iniciar o curso escolar.

Mañá , día 1 de setembro, colgaremos o PLAN DE ACOLLIDA  con información máis detallada

Ao longo da semana achegaremos tamén o PROTOCOLO COVID que temos que revisar en base á última versión que se publicou esta mesma tarde.

Reunións : A nosa intención, e así o tiñamos plasmado no plan de acollida, era facer as reunións para todas as familias os días 3, 4 e 7 ao longo da mañá pero de momento, neste concello, non están permitidas as reunións de máis de dez persoas, polo tanto temos que esperar.

Permanecede atentos á páxina web porque se estas limitacións varían e permiten máis aforo seguiremos adiante con estas datas. De non ser posible buscaremos outra maneira. 

Moitas grazas. 

 

 

AdxuntoTamaño
PROTOCOLO ADAPTACIÓN aspectos básicos..pdf1.8 MB

Powered by Drupal - Design by artinet