SABEDES QUE DÍA É O DOMINGO????

Ola a todos e a todas !!!!!

Seguro que ningún de vós esceceu que día é o vindeiro domingo, a que non?? Pois claro, é o 17 de maio, o DÍA DAS LETRAS GALEGAS

E seguro que tamén sabedes que, de estar no cole, hoxe teriamos a nosa gran festa!! a que si?? A nosa querida Mariajo indicaríanos como tocar o himno galego, a continuación teriamos que cantalo e logo... o "rap da lingua" e "o meu mundo é"

Pois non vamos permitir que este virus nos quite de gozar deste día, da nosa festa, e de facelo todos xuntos. NON O IMOS PERMITIR.

Así que "sanmarqueseses e sanmarquesas", nenos e nenas do cole, papás, mamás, avós, avoas, tíos, tías... toda a familia!!! Estade moooooiiii atentos.

O domingo, ás 13.00 horas, todos e todas diante do ordenador, moi, pero que moi atentos á páxina web do cole.

LEMBRADE, o domingo ás 13.00 horas, preparados  (os de sexto coa flauta na man, e tamén todos aqueles e aquelas que queiran tocar e acompañar) e xuntos celebraremos o noso gran día, a NOSA FESTA.

Tede á man algún móbil á man... de acordo?? xa vos iremos contando máis.

Moitos bicos e apertas, e lembrade, vémonos o domingo ás 13.00 horas, todos preparados para celebrar o noso día e que mamá ou papá nos graven tocando e cantando.

BICOS E APERTAS MIL!!!!!!!!!!!

Aaaaahhhhhh!!! E lembrade que o luns é día non lectivo.

Ese día... a seguir cantando e bailando!! 

 

Powered by Drupal - Design by artinet