AVISO IMPORTANTE USUARIOS COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias.

A Consellería de Educación e FP acaba de publicar unha orde na que se contempla a compensación económica ás familias becadas de comedor que nestes días. debido á situación que estamos a vivir, non poden facer uso do mesmo.

Esto inclúe tanto ás familias de GRATUIDADE TOTAL como ás que abonan UN EURO polo servizo.

 

Para poder realizar os trámites pertinentes pregamos que, nos acheguen á conta de correo do centro ceip.san.marcos@edu.xunta.es os datos seguintes ANTES DO MÉRCORES 1.

 -Nome , apelidos e DNI ou NIE do pai/nai ou titor

 -Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería (é dicir, se pagades un ou cero euros)

 -Nome, apelidos e curso dos fillos/fillas

 -Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda. (tede en conta que sexa conta IBAN, cos vintecatro díxitos)

   Estas solicitudes tramitaranse no centro dende o martes 31 ata o venres 3, por iso é importante que enviedes os datos canto antes por se temos algún problema e necesitamos comunicarnos telefonicamente

   No asunto de correo, por favor, escribide BOLSAS COMEDOR, a cantidade de correos que       chegan cada día e importante e así poderemos identificalos claramente

   ASEGURÁDEVOS DE QUE INCLUÍDES TODOS OS DATOS QUE SE INDICAN 

  AGRADECEMOS QUE NOS AXUDEDES NA DIFUSIÓN DESTA ORDE PARA QUE TODOS     POIDAN SOLICITAR A AXUDA.

Powered by Drupal - Design by artinet