Carreira contra a fame

            O pasado día 16 de maio o noso centro    participou na XX edición da "carreira contra a fame"  promovida pola ONG Acción contra a Fame e  organizada polo propio centro escolar, xunto con máis de 400 centros de toda España. A carreira consistiu nun percorrido circular de 300 metros no que o alumnado tiña que tratar de dar o maior número de voltas posibles.

 
 

 

Antes da carreira cada alumno/a tiña que buscar patrocinadores que lle ofrecesen unha cantidade simbólica de cartos por cada volta que conseguisen dar ao circuito. Unha vez rematada a carreira a cada alumno/a se lle anotaba o número de voltas que lograba dar e con esa información tiña que volver a acudir aos seus patrocinadores/as para recadar as doazóns prometidas.
 

Desta maneira durante esta xornada o alumnado por medio do seu esforzo e a través da actividade física puido poñer o seu grao de area para tratar de mellorar as condicións de vida de moitas persoas ao redor de todo o mundo e tratar de paliar os efectos devastadores da fame no noso planeta, gracias por suposto á colaboración e solidariedade dos seus patrocinadores/as.

Máis fotos na galería, coma sempre. Non deixedes de botarlle unha ollada!!

Powered by Drupal - Design by artinet