Inmersión Lingüística en Peares

O pasado día 10 de Outubro os alumnos de 6º curso fomos de excursión.

Foi unha aventura diferente, algo que non tiñamos feito nunca. Fomos a un centro de Inmersión Lingüística en Peares. 

Alí hai unhas instalacións que se edificaron para os traballadores que no seu momento construíron esta central hidroeléctrica. Agora aproveitan o lugar para facer cursos e programas de inmersión para empresarios e colexios. 

O certo é que o entorno é absolutamente espectacular. A paisaxe é impresionante e hai unha paz... marabillosa.

Chegamos aló o luns arredor das dez e media da mañá e enseguida nos distribuiron nas nosas habitacións. Estabamos aloxados nunhas casiñas con tres habitacións nas que había camas para catro. E despois de aloxarnos... a empezar a aprender, a traballar e a pasalo ben.

Tiñamos varios monitores e monitoras, algúns españois, pero que só falaban inglés, e outros nativos, que de español...non tiñan nin idea!! Pero diso se trataba. Dende que cheamos ata que marchamos... a practicar inglés.

 

                

Os momentos das comidas foron para nós moi sinxelos porque tiñan un sistema moi parecido ó que nós practicamos cada día na escola. Así que... Pan comido !!

E o demáis... unha chea de actividades nas que só podiamos utilizar o inglés para comunicarnos. 

Fixemos xogos de mesa, elaboramos o noso propio atrapapesadelos, xogamos a varios deportes de orixe inglés e americano (rugby, croquet...), practicamos teatro, fixemos karaoke, bailamos, cantamos... en fin!! Pasámolo en grande. E sobre todo, compartimos dous días cos nosos compañeiros de clase, nos que rimos e xogamos pero tamén tivemos que axudarnos e apoiarnos e iso foi o mellor do mundo!!!

Quedáronnos moitas ganas de repetir.

 

 

Save

Save

Save

Guardar

Guardar

Guardar

Powered by Drupal - Design by artinet