Celtic Roots. Unha viaxe inesperada

Lembraredes que o curso pasado estivemos traballando a Picasso, era un proxecto necesario porque era o ano coruñés do artista e había que sumarse á celebración.

Este curso tamén temos un camiño por diante. Os equipos de linguas, xuntamente co equipo de biblioteca e o de actividades extraescolares imos tratar de afondar un pouquichiño nas nosas raíces castrexas. Trataremos de indagar sobre a nosa orixe celta e o que nos une e nos diferenza doutros pobos de orixe celta espallados por Europa. 

É un longo camiño o que temos por diante pero habemos ir pouquiño a pouco. De momento empezamos con Carina e con ela partimos da Torre de Hércules hacia Irlanda acompañados de Ith, un dos fillos de Breogán.

Alá imos!!!

 

   

Powered by Drupal - Design by artinet