CELEBRAMOS O ENTROIDO

Un ano máis o CEIP Plurilingüe "San Marcos" celebra o seu entroido. Este ano disfrazámonos de diferentes oficios. Polo patio do Colexio desfilaron médicos e enfermeiros (Infantil), camareiros (1º Ciclo), pintores (2º Ciclo) e cociñeiros (3º Ciclo). O tempo nos respetou e despois de moitas dúbidas puidemos desfilar e cantar ademais de comer as deliciosas filloas, orellas e rosquillas aportadas polas familias do alumnado (unha vez máis temos que agradecer a colaboración das familias coas celebracións do centro), para rematar co tradicional chocolate que preparan na cociña como sobremesa do xantar.

A continuación unha pequena mostra fotográfica.

   Un grupo de infantil

        Os pintores de 2º Ciclo

      Camareiras/os levando a súa bandexa ben dereita

     Os maiores imitando a Arguiñano

    As nais do comedor tamén se sumaron á festa disfrazándose para a ocasión

   E para rematar ¡a disfrutar do xantar!

Powered by Drupal - Design by artinet