Skip to Content

FONDO LIBROS

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS CURSO 2023-2024

 

 

 


 

 

PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO LIBROS CURSO 2023-24

 

 

 

 

FONDO LIBROS - CURSO 2023-24

 

No DOGA do 19 de maio de 2023 publicouse a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23.

 

DESTINATARIOS/AS: 

- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de EP durante o curso 2023-24.

- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial durante o curso 2023-24.

- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP durante o curso 2022-23

IMPORTANTE: O alumnado de 5º e 6º de EP non poderá optar á axuda de Fondo Libros,  soamente a de material por estar dentro do programa E-Dixgal.

 

PRAZO: 

O prazo para presentar solicitudes é do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023.  

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática no formulario normalizado (anexo I e II) dispoñible:

- Na aplicación informática Fondolibros.

- A través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.

Formularios de presentación Anexo l y Anexo II

De non ser posible a presentación telemática, poderanse presentar no centro con cita previa, en horario de secretaria.

Toda a documentación terá que vir asinada e coas fotocopias necesarias (no centro non se farán fotocopias). Terán que traer os orixinais para o seu cotexo.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA: 

  •  Copia do libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

  • Certificado, no caso de discapacidade, dalgún membro da unidade familiar incluídos na solicitude.  

  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero

  • Resolución xudicial por incapacitación con patria potestade

  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores. 

  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

DATAS DAS LISTAXES: 

- Listaxes provisionais: Ata o 12 de xullo. 

- Listaxes definitivas: Ata o 26 de xullo. 

 

TELÉFONO PARA CITA PREVIA EN SECRETARÍA: 981202120

 

 

 


 

 FONDO LIBROS - LISTAXES PROVISIONAIS

CURSO 2022-2023

 

As LISTAXES PROVISIONAIS de admitid@s e excluíd@s do Fondo de libros poderán consultarse dende hoxe, mércores 29 de xuño, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital, ou no taboleiro do centro. Non se publicarán na web, debido á lei de protección de datos.

O prazo de reclamación a estas listaxes abrangue os 2 días, hábiles, seguintes á publicación.

As LISTAXES DEFINITIVAS  serán publicadas o luns 4 de xullo. A súa consulta será igual que nas listaxes provisionais.

A entrega @s beneficiari@s dos VALES para a adquisición de libros de texto e/ou material será os días 6, 7 e 8 de xullo en horario de 9:00 a 10:00h e de 13:00 a 14:00h (non hai que pedir cita) e durante a primeira semana de setembro.  

No caso de non poder asistir os titores legais á recollida do vale, poderán autorizar a outra persoa que terá que traer a autorización e a copia do DNI da persoa que autoriza e da persoa autorizada

ENTREGA DOS LIBROS correspondentes ao fondo farase en SETEMBRO, nos primeiros días de clase.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 



page | by Dr. Radut