Matrícula 15/16
Recórdase que para poder optar a matricular un neno ou nena no centro é necesario ter presentada anteriormente a solicitude de admisión en tempo e forma segundo a Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15, e ser admitido nas listaxes oficiais.
Dende o día 20 ao 30 de xuño, ámbolos dous incluídos, está aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2015/16. O horario de secretaría será de 10 a 13 horas.
É preciso entregar a seguinte documentación debidamente cuberta:
Opción sobre o ensino de relixión
Autorización de saídas didácticas
Ademais desta documentación, débese incluír o seguinte:
4 fotografías tamaño carné
Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a