Saltar navegación.
Inicio

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2018/19.

 Lembrámoslles os prazos establecidos para esta convocatoria:

- Ata o 6 de xullo poden pasar polo centro para recoller os vales.

- O 9 de xullo publicaranse as listaxes provisionais de Fondolibros.

- Os dous días seguintes poderanse facer reclamacións ás listaxes provisionais.

- O 13 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.

- Os libros do Fondo entregaránselles aos alumnos/as o primeiro día de clase (12 de setembro).


O alumnado de 6º de E.P. pode pasar polo centro para recoller os Historiais Académicos ata o 6 de xullo.