Saltar navegación.

Blogues

EXPERIMENTAMOS...

A semana pasada comezamos a experimentar con cousas relacionadas coa primavera. Como a celebración dos  "Maios" estaba á vista e a clase a tiñamos chea de flores, decimos experimentar con elas!

O experimento consistía en xogar coas cores. Seriamos quen de transformar esos caraveis brancos en caraveis de cores?

Na asemblea comezamos a formular hipóteses... "Os podemos pintar", dicían algúns compas... "podemos botarlles auga con pintura", dicían outras compas...

Presentamos o colorante alimentario, que xa o coñeciamos de facer algunha que outra actividade durante o Samaín.

Preparamos os materiais:

-Auga

-Caraveis

-Colorante alimentario

Cortamos os talos, engadimos auga, botamoslle o colorante... e os fomos colocando nos distintos recipientes.

Colocamos os caraveis na xanela, e tocaba facer a parte máis complicada... AGARDAR O RESULTADO!

Cada pouco mirabamos a ver se xa mudaran a cor! Pero seguían brancos...

Ao día seguinte quedamos coa boca aberta cando descobrimos que os caraveis do frasco azul xa se tiñeran!

Por agora conseguimos caraveis azuis e vermellos! Cruzamos dedos para conseguir tamén os verdes e amarelos!

Xa vos contaremos...

APROVEITAMOS OS RAIOS DO SOL!

A chegada da primavera está traendo días espectaculares, no noso calendario non paramos de debuxar e rexistrar días de sol, e polo tanto vémonos obligados a trasladar algunhas actividades ao exterior!

Neste caso saímos a pintar con xiz ao patio dos amigos e amigas de primaria! Dun xeito libre comezaron a pintar todo o que se lles ocorría: casas, círculos, cans, elefantes, caras, ollos, sorrisos...

De súpeto decatámonos que se nos deitabamos no chan como se estivésemos na praia e un compa seguía co xiz a noso corpo ao levantarmos quedaba debuxada a silueta do noso corpo!

A través desta actividade traballamos o esquema corporal, os trazos, os tempos de espera, (non nos podíamos mover que senón a silueta non saía), o traballo en parellas e en pequenos grupos...

Os días de sol encántannos e xogar xuntos aínda máis!

 

 

 

XOGAMOS COAS MATES

Que sopresa levamos cando hai un par de semanas decatámonos que no cole había unha máquina que facía un pouco de "maxia". E como a nós todo o que sexa a maxia nos encanta, non nos quedou doutra que experimentar! 

Nesta ocasión decidimos traballar cos números, e fixemos un pequeno obradoiro de "lóxico-matemática" que parece axiña teremos que repetir! Comezamos a experimentar coa fotocopiadora, vimos que duplicaba imaxes, documentos, fotos... pero que pasaría se metésemos as nosas mans? Probamos... e o resultado encantounos!

Puxemos 1 dedo, 2, 3... e 4? sairían?. Probamos con 5,e 6?... contamos, recontamos, probamos, volvimos a probar... ata que a mesa quedou chea de pequenas mans en branco e negro que experimentaban sen cesar! Axudámonos moito para que sairan as cantidades que buscabamos, pero coma sempre, co traballo en equipo todo se consigue moi fácil!

 

Unha vez feitas, xogamos a asociar as cantidades coa grafía correspondente.

Despois decidimos rematar este pequeno obradoiro facendo un rexisto en papel. Buscamos o número, asociamos, contamos e pegamos no lugar correpondente!

Coas nosas mans podemos facer de todo! Ata matemáticas!

 

 

 

 

 

 

 

EU BEN VIN ESTAR O MOUCHO...

O 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro na escola. Para achegarnos a este contido decidimos facer unha actividade de motivación na que empregamos a robótica. Este día foi a primeira vez que o ESCORNABOT entrou na nosa aula, e a verdade non deixou a ninguén indiferente!

O reto era o seguinte: unha imaxe de Rosalía estaba oculta no tapiz sobre o que se desprazaba o escornabot. Desenvolvendo as habilidades espacias, de orientación, traballando o conteo, e sobre todo grazas aos ánimos e axuda do traballo en equipo conseguimos mover o escornabot e rescatar cada unha das pezas que formaban o quebracabezas... Unha vez resolto, a imaxe quedou ao descuberto. Pero... quen era esa muller?, xa a viramos algunha vez?, se nos facía coñecida?

Comezaron as conversas, falamos, falamos e falamos... Contrastamos hipóteses, reflexionamos... algúns dicían que podía ser a súa avoa, outros a súa nai... Decatámonos que a imaxe tiña un nome, ROSALÍA DE CASTRO. Así que comezamos a investigar... Ollamos libros, vimos fotografías, limos versos... e coñecimos á grande poetisa galega!

 

Mergullímonos nun dos seus poemas, o poema 16 dos Cantares Galegos, " Eu ben vin estar o moucho" e achegámonos a el a través da canción do grupo Migallas.

Tanto nos gustou que de cando en vez aínda podemos escoitar como algún ou algunha canta dun xeito espontáneo os versos do poema:

"Eu ben vin estar o moucho,

enriba daquel penedo,

non che teño medo moucho,

moucho non che teño medo!"

Como non, tamén fixemos os nosos mouchos que hoxe en día aínda colgan da xanela da aula.

Pero isto non é todo, todos os compas do cole xuntámonos nunha actividade común que consistía en encher a entrada da escola de pensamentos, a flor favorita de Rosalía. Nós decidimos pintalos con acuarelas e o resultado foi...

ESPECTACULAR!!!!

COUSIÑAS DO INVERNO II

O inverno non só nos deixou eses momentos de investigación e experimentos... Durante algunhas semanas estivemos traballando dun xeito lúdico coas propostas dos recantos.

No recanto de lectoescritura, transformamos as bandexas de area en "pistas de patinaxe sobre xeo". Co patinador e a patinadora fixemos trazos, grafías, debuxos...

Outra das propostas, neste caso no recanto de lóxica, foi o xogo dos calcetíns co que tiñamos que observar, concentrarnos, buscar a parella do calcetín e tendelos xuntiños na corda a secar. A través deste xogo traballamos habilidades de clasificación, coordinación, motricidade fina e vida práctica.

No recanto sensorial, dimos renda solta á imaxinación e a creatividade, así como o traballo da coordinación óculo manual e a motricidade fina.  A través da caixa do inverno. Fixemos trasvases, traballamos a presión da pinza, imaxinamos un mundo invernal cos "bonequiños de madeira"...

Agora si, decimoslle adeus ao noso primeiro inverno na escola!

De todo un pouco... II

Proposta 7...Máis dados e moito máis ABN.

Unha actividade en equipo, onde o azar debe xogar no bando de todos/as, xa que se un gaña os outros tamén e viceversa. Así, lanzamos os dados, contamos puntos, sumamos e identificamos a grafía correspondente. Cando o 7, 8 e 9 estén baixados, podemos continuar cun só dado.

Proposta 8. Mosaicos xeométricos.

Co modelo na man, identificamos as figuras xeométricas, contamos as que precisamos, identificamos as cores necesarias e intentamos reproducir os modelos. Finalmente, podemos crear as nosas propias artistadas.

Proposta 9. Construimos letras.

Empregando o modelo, ou sen el, contruímos letras coas pezas que temos.

Proposta 10. Pop it e lectoescritura.

Quen dixo que iniciarnos nas habilidades de lectoescritura era aburrido? Achegámonos os materiais da vida máis actual dos nosos pequenos/as e "escribimos" co pop it. Comezamos con cousas sinxelas como os nomes dos nosos compis. Posteriormente, xa empregamos letras de todo tipo.

 

CONTINUARÁ...

ARTISTEANDO

ARTE INVERNAL

SACAR A PASEAR UNHA LIÑA. PAUL KLEE.

Paul Klee inventou unha técnica artística que denominou  "sacar a pasear unha liña" que consistía en, a partir dun punto, levar unha liña por onde a nosa imaxinación nos dixera e, despois, colorear o cadro. Así que, como somos moi osados, puxémonos mans á obra e ó ritmo da música, isto é o que nos saiu.

 

ARTISTEANDO COAS FIGURAS XEOMÉTRICAS.

DESPOIS DA ANÁLISE MINUCIOSA DUN CADRO DE PAUL KLEE BASADO EN FIGURAS XEOMÉTRICAS, DECIDIMOS LEVAR A CABO A NOSA PROPIA REPRESENTACIÓN. ASÍ, IDENTIFICAMOS CADA UNHA DAS FORMAS, ANALIZAMOS AS SÚAS PROPIEDADES, REALIZAMOS AS NOSAS COMPOSICIÓNS ARTÍSTICAS E RECONTAMOS CANTAS FIGURAS EMPREGÁRAMOS DE CADA TIPO.

Día da Paz.

APROVEITAMOS O DÍA PARA REFLEXIONAR SOBRE QUE ERA PARA NÓS A PAZ E DECIDIMOS PLASMALO NUN MURAL FEITO EN EQUIPO E TRABALLANDO NO CHAN, COMO A NÓS NOS GUSTA!! Vergoña

 

EN SESIÓNS POSTERIORES, PRANTAMOS SEMENTES POLA PAZ. ASÍ, DESPOIS DE DEBATIR QUE ERA O QUE PRECISÁBAMOS PARA LEVAR A CABO A PRANTACIÓN E CALES OS COIDADOS REQUERIDOS PARA QUE MEDRASEN AS NOSAS SEMENTES, PUXÉMONOS MANS Á OBRA...

Reunións de principio de curso

O vindeiro martes, 2 de outubro, celebraremos as reunións de principio de curso entre os titores/as e as familias do alumnado.

Nestas reunións trataranse temas relativos ao presente ano académico. Atendendo á importancia dos asuntos a tratar, recomendámoslles que asistan ás mesmas.

 

Curso

Lugar

Hora

1º e 2º de E.P.

Aulas de cada grupo

16:00

3º e 4º de E.P.

Aulas de cada grupo

16:30

5º e 6º de E.P.

Aulas de cada grupo

17:00

Horario do equipo directivo

 Horario do equipo directivo:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

8:50 - 9:40

Directora

Xefa de estudos

 

Xefa de estudos

Directora

Secretario

9:40 - 10:30

 

Directora

Secretario

 

 

Xefa de estudos

10:30 - 11:15

 Secretario

 

Secretario

Directora

Directora

11:15 - 11:40

 R E C R E O

11:40 - 12:10

 H O R A      D E      L E R

12:10 - 12:55

 Directora

 

Directora

Directora

Directora

12:55 - 13:45

 

 Xefa de estudos

 

 

 

 

 

Distribuir contido