Skip to Content

BENVIDA

CEIP San Francisco Javier
 
Código do centro: 15025025
Enderezo: Ronda de Outeiro 72. A Coruña. C.P. 15009
Coordenadas: 43°21'07.3"N 8°24'07.0"W | 43.352019, -8.401933
Teléfonos:
Administración 881.960.981
Conserxería 881.960.980

Fax: 881.960.987
Email: ceip.sanfrancisco@edu.xunta.es
 
Se quere acceder a unha presentación do centro, pique aquí

LISTAXES PROVISIONAIS FONDOLIBROS

Xa se poden consultar as listaxes provisionais do Fondo solidario de libros de texto no taboleiro do colexio, ou accedendo ao estado da vosa solicitude na aplicación fondolibros coa Chave365 ou certificado electrónico. Indícase nestas listaxes provisionais o número de libros que recibirá cada alumno/a, e nas de vales se está concedido ou non.

O prazo de reclamacións é de dous días dende o da publicación das listaxes, é dicir, os días 7 e 8 de xuño, presencialmente no centro en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Unha vez resoltas as reclamacións, publicaranse polo mesmo procedemento as listaxes definitivas.

Nas listaxes definitivas de Fondolibros aparecerán os libros concretos para cada alumno/a. Tanto se recibides 6 libros coma se recibides 4, o reparto realizarase por esta orde: Matemáticas, Lingua Castelá, Lingua Galega, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e Inglés (Class Book). O resto de libros non forma parte do fondo solidario, así como o Activity de Inglés, polo que se deberán comprar.

As entregas serán no mes de setembro.

AVISO PARA 4ºEP: Á marxe do alumnado beneficiario que aparece nas listaxes de 4ºEP, tamén entregaremos en setembro, a TODAS as familias que o desexen, o libro de Inglés (Class Book).

AVISO PARA 6ºEP: Á marxe do alumnado beneficiario que aparece nas listaxes de 6ºEP, tamén entregaremos en setembro, a TODAS as familias que o desexen, os libros en préstamo de Lingua Galega, Lingua Castelá, Matemáticas e Inglés (Class Book).

MATRÍCULA ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2020/2021

 

Comunicamos que o alumnado admitido no CEIP San Francisco Javier para o curso 2020/2021, deberá formalizar a matrícula no centro entre o 1 e o 10 de xullo.

 O alumnado que se matricule en 4º de EI, formalizarán a súa matrícula preferentemente entre os  día 1 e o 3 de xullo, en horario de 10:00 a 12:00 h.

 A documentación que debe acompañar é a seguinte:

Lembramos, que unha vez matriculado o alumno/a, a familia deberá darse de alta na aplicación abalarmóbil

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020/2021. LISTAXES DEFINITIVAS

As listaxes definitivas de admitidos e non admitidos están publicadas no taboleiro de anuncios no interior do centro.

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula entre o 1 e o 10 de xullo 

INFORMACIÓN FIN DE CURSO

Estimadas familias,

Comunicamos que o venres día 19 de xuño, finaliza este curso académico.

Os boletíns académicos serán publicados ese mesmo día ás 13:00 h, a través da aplicación abalarmóbil. A citada aplicación, permite contactar co profesorado titor para aclarar calquera dúbida que poida xurdir.

As familias de 6º de EP recollerán o historial académico do alumnado o día 29 de xuño nas aulas, de acordo co horario que indique a profesora titora.

Libros de texto: están publicados na web do centro, ata o día 19 pódense solicitar as axudas da Xunta para a súa adquisición.

As clases do vindeiro curso 2020/2021 comezarán o xoves 10 de setembro. Estaremos á espera das instrucións das autoridades sanitarias e educativas, e comunicaremos a información a través de abalarmóbil e tamén da web do centro.

Queremos agradecer a todo o profesorado, alumnado e familias o traballo, o apoio e esforzo para saír adiante na situación que acabamos de vivir.

Asimesmo, manifestar un recoñecemento especial para o alumnado de sexto e desexarlles moita sorte na nova etapa que empezarán no instituto.

 Lembramos que para calquer dúbida poden dirixirse ó correo electrónico: ceip.sanfrancisco@edu.xunta.gal, ou ben os números de teléfono: 881960981 - 881960980

Feliz verán e felices vacacións!! Vémonos no próximo curso !!

Recibide un cordial e afectuoso saúdo

A dirección

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/2021

Publícase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021.

Para acceder á mesma, prema na imaxe.

 

                                       

ADMISIÓN DE ALUMNADO. LISTAXES PROVISIONAIS CURSO 2019/2020

Hoxe, día 8 de xuño, procédese á publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2020/2021. 

Estas listaxes pódense consultar no centro ou telemáticamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou o certificado dixital. 

O prazo de reclamacións ás listaxes estará aberto desde o 9 ata o 11 de xuño ás 13:00 na secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30. As reclamacións resolveranse coa publicación das listaxes definitivas. 

As listaxes definitivas publicaranse antes do 26 de xuño. A súa publicación comunicarase a través da web do centro. 

O prazo de matrícula será do 1 ó 10 de xullo.

PALABRAS DO MES DE MAIO NA CUARENTENA

O noso alumnado non deixa de sorprendernos coa súa creatividade, escribiendo e debuxando. Aquí tedes unha mostra mais da creatividade e sentimentos que  estiveron a vivir desde o confinamento ata a primeira saída. 

Grazas a todas e a todos pola vosa colaboración!!

                                  

ENTROIDOS POLO MUNDO

Fantásticos os debuxos que recrean os diferentes entroidos imaxinados polo noso alumnado. Grazas a todas e a todos polo voso traballo e colaboración!!

Pincha na imaxe para velos

 

                                    

IMPORTANTE: ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020/2021

Recordamos ás familias solicitantes de plaza no proceso de admisión do alumnado do curso 2020-2021 para o CEIP San Francisco Javier, que ó haber máis solicudes que prazas ofertadas polo colexio é preciso baremar todas as solicitudes presentadas tanto en EDUCACIÓN INFANTIL como en EDUCACIÓN PRIMARIA.

Informamos que se alguén ten pendente de entregar algunha documentación acreditativa dos criterios alegados, o prazo remata o día 26 de maio ás 13:00 horas. 

Asimesmo, lembramos que si a data de alta na vivenda que figura no padrón é inferior a un ano, débese acreditar o domicilio achegando, no prazo indicado: 

  • contrato de aluguer ou escritura de compraventa da vivenda
  • contratos de alta de recibos actualizados de subministracións -auga, luz, gas- a nome da persoa ou persoas que solicitan a admisión 

A documentación acreditativa pendente entregarase na secretaría do colexio, no horario  de atención ao público (de 10:00 a 13:00 horas), entre os días 20 e 26 de maio.

Distribuir contido


by Dr. Radut