Skip to Content

3ºB

SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Ola, familias, nenos e nenas!

Entramos na semana das Letras Galegas. Aínda que non imos poder celebralo coma outros anos (tempo haberá) quero poñer aquí un poema de Ricardo Carvalho Calero, autor ao que se adica este ano.

O meu cabalo piafa no curro do castelo.

O seu casco escrebe sobre o po,

sobre a area, sobre a auga, sobre a neve,

sobre o vento, poemas que eu transcrebo

en clave de lúa, en lingua de nó.

Cantigas de amigo e outros poemas  RICARDO CARVALHO CALERO (1986)

Para esta semana preparamos:

Uns enlaces para repasar os animais; sobre todo os invertebrados, eses grandes olvidados

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/4464498-

vertebrados_e_invertebrados.html

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/2999707-

os_animais_invertebrados.html

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/3002879-

animais.html

Imos dar unha semana máis para  enviar o mural dos animais. Poñédevos as pilas porque o traballo acumúlase.

De Plástica tampouco imos poñer actividades novas porque o anuncio está sen rematar. Ánimo!

Deíxovos aquí uns enlaces de fichas interactivas das outras áreas cos seus correspondentes adxuntos en formato .doc, .PDF e .jpg.

Na ficha de Lingua Galega, inclúese outro ditado. Espero que vós guste e que nos teñades falta ningunha.

https://es.liveworksheets.com/worksheets/gl/Lingua_Galega/Ortogr

af%C3%ADa/R_e_rr_zq249137mq

 

https://www.youtube.com/watch?v=ZQGuVKHtrxc Video valores

 

https://es.liveworksheets.com/tz434850du ficha valores

Feliz semana e seguimoss

INGLÉS 11-15 MAIO

Hello boys and girls! How are you?

Unha semana máis deixo por aquí a proposta para traballar un pouco de inglés.

Estes días repasaremos o vocabulario sobre as froitas. Así que mirade e escoitade un par de veces o seguinte vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=Cb-1erqVVjs

E despois facede as tarefas do documento ADXUNTO. Trátase dun crucigrama e dunhas adiviñas sobre as froitas que debedes solucionar. Pegade o crucigrama na libreta e a continuación escribide tamén as adiviñas coa solución. Se non tedes impresora para o crucigrama, facede o debuxo de cada froita e escribides ao lado a palabra correspondente.

Calquera dúbida, consultádeme por Blinklearning ou no correo amparpaz@edu.xunta.gal

Boa semana e ánimo.

 Kisses, bye!

E.F

Enlace a tres vídeos sobre hábitos saudables.

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 6" (5-8 maio)

Vai ao blog de Música e:

-En Linguaxe musical 3º realiza a actividade 8.

-En Partituras 3º repasa.

Grazas!.

SEMANA DO 5 AO 8 DE MAIO

Ola rapazas e rapaces!

Aquí vos deixo as tarefas para esta semana. Van en varios arquivos adxuntos

Seguide enviando as tarefas que facedes. Os vosos vídeos, fotos e presentacións son xeniais! Sodes unhas e uns artistas!

Moito ánimo e que non decaian as forzas, xa vai quedando menos para rematar o curso!

INGLÉS 5-8 MAIO

Hello boys and girls! How are you?

Unha semana máis deixo por aquí a proposta para traballar un pouco de inglés.

Gustaríame que forades de novo á páxina 42 do voso Class Book.En Blinklearning Class Book (Unit 5- The Robber´s clothes- Libro digital). (Recordade que para acceder ás páxinas debedes picar en libro digital, non en actividades da unidade.)

Fixádevos no exercicio 4 e escoitade o diálogo varias veces pinchando nas notas musicais. A continuación, realizade as tarefas do documento ADXUNTO relacionadas con estes contidos. Se non dispoñedes de impresora copiádea na vosa libreta.

Calquera dúbida, consultádeme por Blinklearning ou no correo amparpaz@edu.xunta.gal

Boa semana e ánimo.

 Kisses, Bye!

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 5" (27 -30 abril)

Vai ao blog de Música e:

Na entrada O ioga na escola practica a lectura lendo toda a información. Se te animas, fai algún dos exercicios dos vídeos.

Segue practicando a lectura de notas e a última partitura coa frauta.

Boa semana!.

Chus Religión. 27 - 30 Abril.

Ola nenos e nenas!!

Non sabedes que ganiñas teño de volver estar con todos vós outra vez. Pero mentres esperamos un pouquiño mais, queredes lembrar algunha cousiña que tanto nos gustaba facer? Imos aló:

El Arca de Noé (Para niños - Canción Infantil) Pequeños Héroes

https://youtu.be/wgSGZwaU3TI

Pequeños Héroes LA SERIE - Episodio 1 ¿Dónde Está Mi Oveja?

https://youtu.be/TUlay--1ATQ

David Pequeños Héroes LA SERIE - Episodio vs Goliat.

https://youtu.be/sihr2zLnLcQ

Actividades interactivas:

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41009470/helvia/aula/archivos/repositorio/0/200/html/datos/rdi/u01/01.htm

 

TAREFAS DE INGLÉS 27-30 ABRIL

Hello boys and girls! How are you?

Déixovos de novo por aquí o que programei para traballar durante esta semana.

Gustaríame que forades á páxina 42 do voso Class Book.En Blinklearning Class Book (Unit 5- The Robber´s clothes- Libro digital). (Recordade que para acceder ás páxinas debedes picar en libro digital, non en actividades da unidade.)

Facede os exercicios 1 e 2 que son de escoitar (pinchando nas notas musicais) e o 3, no que tedes que buscar na imaxe as prendas da lista do gato Félix.

A continuación, realizade a tarefa do documento adxunto relacionadas con todos estes contidos. Se non dispoñedes de impresora copiádea na vosa libreta.

Calquera dúbida consultádeme por blinklearning ou no correo amparpaz@edu.xunta.gal

Boa semana e ánimo.

 Kisses, Bye!

 
What do you want to do ?

New mail

SEMANA DO 27 A0 30 DE ABRIL

Ola, nenos e nenas!

Como foi esa volta á rúa?

Bueno, esperamos que entre paseo e paseo vos quede algo de tempo para facer cousiñas da escola, a que si?

Esta semana propoñémosvos unhas fichas de ampliación do que xa estudiamos e uns enlaces de xogos matemáticos. Animádesvos? Algúns son moi,moi fáciles pero non vos confiedes porque son para facer moi, moi rápido.

JUEGOS ONLINE DE LAS TABLAS

https://www.tablasdemultiplicar.com/memoria.html

https://www.tablasdemultiplicar.com/contrarreloj/

PARA PRACTICAR LA MECÁNICA DE LA MULTIPLICACIÓN 

https://www.dibujosparapintar.com/actividades_ejercicios_multiplicaciones3.html

A actividade de Plástica será rematar a escena inspirada por Chema Madoz e a creación a partires da canción "Quen me dera na casiña" Están chegando verdadeiras obras de arte pero ainda faltan moitas por chegar. Veña, un último impulso.

As fichas van en formato word e PDF. Ides facendo como poidades: no ordenador ou na libreta. As fichas de ampliación van nos ficheiros adxuntos.

Distribuir contido


by Dr. Radut