Xogos educativos

ENTROIDO 2019

Hoxe celebramos o entroido no San Francisco Xabier.

Foi un día animadísimo!!!  Aproveitamos o noso proxecto da Biblioteca e de centro  “A CONVIVENCIA”  como temática de entroido. Cada nivel, elexiu a profesión que considera importante e que contribúe positivamente a favorecer convivencia na sociedade.  De repente, convertímonos en doutores e doutoras, bombeiros e bombeiras, cociñeiros e cociñeiras (chefs!!), policía local, científicos/científicas, periodistas,  voluntarios e voluntarias  da cruz vermella, xuíces e xuízas, e incluso a unidade militar de emerxencias,…

Saímos todas as comparsas e fixemos un pasarrúas, para rematar cun desfile festeiro no colexio e celebramos o I Certame de Poesía Retranqueira.

Foi un día xenial!!!

Queremos agradecer a colaboración de todo o profesorado, alumnado, familias, ANPA, Protección Civil, e de Luis Ramas, quen aporta todo o seu tempo e saber para que o son sexa sempre perfecto!!

Pódese ver unha pequena mostra do pasarrúas pinchando aquí 

MATEMATÍZATE

Un ano máis o alumnado do CEIP San Francisco Javier participa en MATEMATÍZATE, actividade na que aprendemos Matemáticas de xeito lúdico e divertido, potenciando o inxenio e resolvendo problemas de forma lúdica e divertida.

Un grupo de alumnos/as convertirase en monitores dos seus compañeiros e compañeiras, cas propostas Ana, quen con distintos xogos logra convertir as matemáticas en fantásticos  retos e aventuras.

Unhas auténticas mate divertidas!!

Para aprender e divertirse

Más que números

Actividades de Matemáticas para Educación Primaria

Aprendo palabras 2

Para aprender o vocabulario do libro de Lingua Galega.

Recomendado para 2º de EP.

Animais 2

Aprende a distinguir as características dos animais e a clasificalos en distintos grupos.

Recomendado para 2º de EP.

 

 Velocidade lectora

Selecciona o teu nivel de lectura e practica para chegar a ser o lector máis rápido do oeste.

Recomendado para 1º e 2º de EP.

Sílabas inversas

Fíxate ben na palabra que corresponde ao debuxo para despois colocar ben as súas letras.

Recomendado para 1º de EP.

 Picapalabra

Pica sobre a palabra igual ao modelo antes de que desapareza ou terás que volver a empezar.

Recomendado para 1º de EP.

 

 De tanto en tanto

Aprende a contar de 2 en 2, de 5 en 5, de 10 en 10 e de 20 en 20 coa axuda dos euros.

Recomendado para 2º de EP.

 Palabras fugaces

Pica sobre a palabra que coincide co debuxo. Se erras ou non picas, voltarás ao principio do nivel.

Recomendado para 1º e 2º de EP.

 O noso corpo 2

Aprende a situar músculos, ósos e articulacións do noso corpo.

Recomendado para 2º de EP.

 Kiosco

Practica a resta con números decimais comprando as túas revistas preferidas.

Recomendado para 4º e 5º de EP.

 Decieuros

Aprende a escribir números decimais con moedas e billetes.

Recomendado para 4º e 5º de EP.

Distribuir contido