Skip to Content

2º Ciclo de Ed. Primaria

AGORA IMOS ANDANDO Ó COLE!!!

Un ano máis o alumnado do noso centro participou na convocatoria de STOP Accidentes- ANCAS (proxecto de participación cidadá, onde o peón é o protagonista) Agora imos andando ao cole!!! 

Queremos felicitar á nosa alumna Alba García Botana de 3ºB porque o seu debuxo saiu seleccionado e o día 17 de decembro recibiu o premio no Salón de Plenos do Concello de A Coruña, e a súa creación pasa a formar parte do calendario 2021 de ANCAS.

Podemos escoitar a explicación do seu debuxo pinchando aquí

PARABÉNS ALBA!!!

 

                                       

traballo no cofinamento

Estas fichas son para realizar en dous días.

Un saúdo

Tarefas do 15 o 18 de xuño

Por fin chegamos ao remate do curso!!

Achégovos as últimas tarefas que son voluntarias, non teredes que envialas.

Parabéns a todos e todas polo voso traballo. E grazas as familias pola súa colaboración.

Boas Vacacións e feliz verán!!

 

Que traballamos o próximo curso?

Bos días nenos e nenas!! Como estades?

É importante que pasedes polo blog da biblioteca, xa que Elmer o e Equipo de Biblioteca propoñen tres posibles temas para traballar durante o próximo curso. Entrade no blog para ver cal vos gustaría máis e a votar.

https://oblogdeelmer.blogspot.com/

SOLUCIÓNS A ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN DO DÍA 26

Ola, de novo, nesta tarde de domingo na casa.

Enviamos as solucións ás actividades do día 26, que como vos daredes conta, son as mesmas que demos en papel o pasado venres, 13, na aula. Decimos isto para que non fagades o traballo por duplicado.

Xa nos contaredes por correo electrónico ou por Abalar como saíron as fichas.

Saúdos virtuais

Volveremos estar xuntos

Só esta foto para lembrarnos de que hai nada estabamos ao soliño, moi guapos cos nosos disfraces.

Moi pronto volveremos estar xuntos. Mentras tanto, só darvos as grazas por estar aí traballando, axudando, repasando, cantando, bailando e sin esquecer nunca que seguimos formando parte da Comunidade Escolar do  San Francisco.

O video mandarémolo por correo porque por aquí pesa demasiado.

Un abrazo moi forte dos Equipos Docentes de 3º A e B

Tarefas 4º (16-29 marzo)

Tarefas 4º (16-29 marzo)

Xogos

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut