Skip to Content

Actividades Extraescolares

Calendario Escolar

 

CALENDARIO ESCOLAR 2018/2019

O 20 de maio será día non lectivo


CAMPAMENTOS URBANOS 2018-2019

Infórmase da  convocatoria de  Campamentos urbanos dos Centros Cívicos Municipais. A preinscripción para os mesmos, será o mércoles, xoves e venres desta semana, e decir, o 6, 7 e 8 de xuño  en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.00 horas

TEMÁTICA DO CAMPAMENTO  Nos campamentos realizaranse actividades lúdicas, xogos cooperativos, produccións plásticas, etc. En todas as xornadas adicarase unha hora diaria á práctica da lingua inglesa.  Haberá unha excursión en cada quenda, agás nas quendas 1 e 6 (de 10.00 a 18.00 h aprox.).
 
QUENDAS (Non haberá campamento os fins de semana nin festivos) 

Quenda 1, do 25 ao 29 de xuño 

Quenda 2, do 2 ao 13 de xullo 

Quenda 3, do 16 ao 31 de xullo  

Quenda 4,  do 1 ao 14 de agosto 

Quenda 5,  do 16 ao 31 de agosto 

Quenda 6,  do 3 ao 7 de setembro
 
OFERTA DE CAMPAMENTOS:   Centros cívicos que ofertan todas as quendas:   Castrillón, Cidade Vella, Eirís, Elviña, Labañou, Os Mallos, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Novoboandanza, Palavea, Rosales e San Diego. 

Centros cívicos onde se ofertan so as quendas 2 e 3: A Silva, Artesáns, Santa Margarida, Pescadores e San Pedro de Visma.
HORARIO:  Horario xeral,  de 10.00 a 14.00 h   Horario ampliado, de 9.00 a 14.30 h,  só  nos centros cívicos  onde se ofertan todas as quendas

 

 PREINSCRICIÓN No centro cívico onde se desexe solicitar a praza, os días 6, 7 e 8 de xuño, no horario de 11.00 a 13.30  e de 17:00 a 20:00 h. 

SORTEO PÚBLICO: En cada centro cívico o 8 de xuño  as 20.15 h.  O sorteo das prazas de NEE e discapacidade realizarase no centro cívico de Labañou. 

LISTAXE DE ADMITIDOS/AS E DE RESERVAS: 19 de xuño nos centros cívicos, no Teléfono 010 e na web municipal  www.coruna.gal/serviciossociais
INSCRICIÓN 
As datas da inscrición comunicaranse nos centros cívicos e na páxina web municipal  o día da publicación das listaxes.  Para formalizar a inscrición no centro cívico onde se obtivo a praza será necesario: − Aboar o custo do campamento urbano  − Achegar unha fotocopia da tarxeta sanitaria do/da menor  e asinar as autorizacións correspondentes

 

 Ofértanse prazas para nenos e nenas con necesidades educativas especiais (NEE) ou discapacidade, en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. As prazas serán repartidas entre as distintas quendas. Contarán con monitorado de apoio que non realizará tarefas de carácter hixiénico ou sanitario.

 

UN DÍA DE MOITA MARCHA!

HOXE, VENRES, TIVEMOS UN DÍA NO COLE DE MOITA MARCHA.

VISITOUNOS "PACO NOGUEIRAS" E MONTAMOS UNHA TROULADA IMPRESIONANTE,. CANTAMOS, BAILAMOS, RIMOS...

PARA SABER MÁIS. Pinchade aquí

PLENO INFANTIL MUNICIPAL 2017

O PASADO LUNS O ALUMNADO DE 6º CURSO DE EDUC. PRIMARIA DO CEIP SAN FCO XABIER REPRESENTOU AO COLEXIO NO PLENO INFANTIL MUNICIPAL.

NESTE ENCONTRO CO EXMO. SR. ALCALDE DA CIDADE ALUMNADO DE DIFERENTES CENTROS EDUCATIVOS DA CIDADE, TAL E COMO SE RECOLLE TAMÉN NA PRENSA, CELEBRARON UN PLENO NO QUE COA INICIATIVA DE UNICEF OS NENOS E NEAS ABORDARON E EXPUXERON OS SEUS TRABALLOS SOBRE OS DEREITOS DOS NENOS E TAMÉN APROVEITARON PARA DIRIXIR AO MÁXIMO RESPONSABLE DO CONCELLO ALGUNHAS PROPOSTAS DE MELLORA E PREGUNTAS EN RELACIÓN A ESES DEREITOS NA CIDADE E TAMÉN OUTRAS RELACIONADAS COA TEMÁTICA DO MEDIO AMBIENTE.

ACCIÓNS COMA ESTAS SON UN PERFECTO COMPLEMENTO PARA EDUCAR AO ALUMNADO EN VALORES DEMOCRÁTICOS E FUNDAMENTAR FUTUA CIDADANÍA PARTICIPATIVA.

PARA VER FOTOS. Pinchar aquí.

 

VISITA AO COLE DOS REIS MAGOS

ESTE NADAL TIVEMOS UNHA MAGNÍFICA SORPRESA.

OS REIS MAGOS DE ORIENTE VISITÁRONNOS E REGALÁRANNOS MOITOS CARAMELOS E AGARIMOS.

FOI FANTÁSTICOOOOOO!

PODEDES VELO AQUÍ.

UNHA TARDE MARAVILLOSA XOGANDO CO CUBO DE RUBIK

NA TARDE DO PASADO VENRES O ALUMNADO DO COLEXIO PASAMOS UNS MOMENTOS FANTÁSTICOS XOGANDO CO CUBO DE RUBIK.

FIXEMOS MOITAS ACTIVIDADES E DESCUBRIMOS UN MUNDO DE POSIBILIDADES QUE NON COÑECÍAMOS. FORMAS, CORES, XIROS E MAIS XIROS...

DÁMOSLLE AS GRAZAS A LUÍS, O PROFE DE EDUCACIÓN FÍSICA, QUE NOS BRINDOU A POSIBILIDADE DE COMPARTIR CON ERNESTO E BEA.

ESPERAMOS PODER REPETIR EXPERIENCIA POIS RESULTOU MOI DIVERTIDO.

PARA VER O QUE FIXEMOS. Pinchar aquí

MATEMATIZATE-2016

MATEMATIZATE. O noso programa das "mates divertidas"

Si queredes pasalo ben esperámosvos o vindeiro día 23 de abril no Palexco. Xornada de matemáticas para toda a familia. ESPERÁMOSTEEEEEE

Para maís información pinchade aquí: Pinchar a páx. web

¡VIVA O ENTROIDOOOOO!

 ESTE ANO IMANOS DE "CHARANGA". SAIMOS AO BARRIO E INVITAMOS A PARTICIPAR A TODOS OS VECIÑOS/AS.

QUE GUAIIII. PÁSMOLO PIPA.

QUERDES VER?. Pincha aquí.

ATLETISMO SOLIDARIO NO COLE

UN ANO MÁIS COA NOSA COMPETICIÓN DE ATLETISMO. NADAL SOLIDARIO

QUE BEN NOLO PASAMOS...

QUEREDES VER UN POUCO. Pinchade

COMO TÓDOLOS ANOS...UNHA BOA COMPETICIÓN DE NADAL. ATLETISMO SOLIDARIO

 ESTE ANO COMO OS ANTERIORES E POR ESTAS DATAS NON PODE FALTAR A NOSA COMPETICIÓN DE ATLETISMO SOLIDARIO.

PÁSAMOLO SUPER GUAIIIII. Mirade

Distribuir contido


by Dr. Radut