Skip to Content

Recomendámosche

VIDEOTITORIAL MANDAR MAIL E ADXUNTAR ARQUIVOS

Videotitorial elaborado polos membros do Equipo Tic do centro para xestionar o envío de correos electrónicos e adxuntar arquivos.

BO NADAL E MELLOR ANO NOVO 2021

A Comunidade Educativa do CEIP SAN FRANCISCO JAVIER quere desexarvos unhas Felices Festas e mellor Ano Novo, cheo de saúde e no que se cumplan os mellores desexos!!

Autores-as : Covadonga Somorrostro (6ºA), Isamar (3ºB), Javier Barbé (3º A) e Vega Reboredo (5º A)

No seguinte vídeo recollense todas as felicitacións do noso alumnado: FELICES FESTAS!!!

 

VISITA DE MELCHOR

Onte tivemos a fortuna de que Melchor pasase polo colexio a visitar ós nenos-as de de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria. Foi unha visita emocionante na que poideron conversar co rei quen atendeu todas as súas preguntas..... qué nervosos estaban!!!  

Queremos darlle as grazas a Melchor que nos fixese un sitio a súa axenda para vernos!! GRAZAS!!!

Se queres ver o vídeo en pantalla grande pincha aquí

                   

HOMENAXE A RICARDO CARVALHO CALERO

Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero

Para homenaxear a Ricardo Carvalho Calero no mes de outubro, aplazado a este mes pola pandemia, os alumnos e as alumnas desde Educación Infantil de 3 anos ata 6º de Educación Primaria prepararon uns creativos traballos sobre o conto “As pitas baixo a choiva”. Podedes velos pinchando nas imaxes.

Moitas grazas a tod@s polo voso esforzo e colaboración. Sodes uns artistas!!

 

 

 

BLOG DA BIBLIOTECA

Ola a todas e a todos!! 

O blog de Elmer, segue a traballar e a publicar día a día novas de actualidade, efemérides, actividades interesante e divertidas, vídeos, e un sin fin de propostas amenas e entretidas, non deixedes de visitalo. 

E agora,ademáis ten instagram!!!

Se queredes seguilo podedes facelo a través da seguinte ligazón: 

https://www.instagram.com/elmernacubela

PALABRAS DO MES DE MAIO NA CUARENTENA

O noso alumnado non deixa de sorprendernos coa súa creatividade, escribiendo e debuxando. Aquí tedes unha mostra mais da creatividade e sentimentos que  estiveron a vivir desde o confinamento ata a primeira saída. 

Grazas a todas e a todos pola vosa colaboración!!

                                  

ENTROIDOS POLO MUNDO

Fantásticos os debuxos que recrean os diferentes entroidos imaxinados polo noso alumnado. Grazas a todas e a todos polo voso traballo e colaboración!!

Pincha na imaxe para velos

 

                                    

TITORIZACIÓN E TAREFAS ALUMNADO

Estimadas familias,

O profesorado do centro está a programar actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado poida realizar no propio domicilio, fará un seguimento, pero non terán carácter avaliable. 

Xa están dispoñebles os seguintes recurso, que iremos actualizando a medida que sexa posible. Accédese ás mesmas pinchando nos cursos ou nas distintas ligazóns.

O profesorado  intentará manter contacto cas familias a través da aplicación abalarMóbil  polo que é importante que estén dados de alta.  Dispoñen de acceso á guía pinchando AQUÍ .

Guía sinxela de abalarmóbil

Moito ánimo e vémonos pronto!!!

4º EDUCACIÓN INFANTIL

5º EDUCACIÓN INFANTIL

6º EDUCACIÓN INFANTIL

PROPOSTA ACTIVIDADES MÚSICA EDUCACIÓN INFANTIL

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

2º EDUCACIÓN PRIMARIA 

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 (1) Tarefas de Inglés para 1º, 2º, 3º e 4º

O Departamento de Inglés envía as seguintes ligazóns para Aprender Inglés xogando, así como para reforzar a súa cultura e outras materias. 

 

 

Asimesmo, queremos poñer á disposición das familias, ligazóns a distintas plataformas, ferramentas, e recursos educativos externos ó centro para estes días : 

 

EDUCLAN, ferramenta educativa para as familias en colaboración co Ministerio de Educación

AULAS GALEGAS ORG. Con distintas actividades agrupadas por niveis

A NOSA CLASE DE PRIMARIA: blog con recursos didácticos de 3º a 6º EP.

 

PLENO INFANTIL

O mércores día 20 de novembro,  celebrouse un Pleno Infantil no Concello de A Coruña en colaboración con UNICEF COMITÉ Galicia,  con motivo da celebración  do 30 aniversario da Convención dos Dereitos do Neno.

O acto estivo presidido pola Exma. Alcaldesa da Coruña, Dona Inés Rey, acompañada do Concelleiro de Educación D Jesús Celemín.

Ó pleno acudiron  varios centros da cidade, entre eles o noso, o CEIP San Francisco Javier, onde un grupo de alumnos e alumnas de 6º de EP, representaron ós seus compañeiros e compañeiras , expoñendo un manifesto onde reclamaron un dos dereitos recollidos na Convención dos Dereitos do neno, o dereito a participación,  no que aportaron propostas para participar tanto no Concello como no noso colexio .

Queremos dar os parabéns a todas e a todos os participantes pola súa colaboración e esforzo. 

Asimesmo, sinalar que hoxe varios medios de comunicación recollen o acto. Deixamos as ligazóns para ter máis información do mesmo. 

Concello de A Coruña

La Opinión Coruña

La Voz de Galicia

Quincemil

 

                                          

 

 

 

                                      

Distribuir contido


by Dr. Radut