Deportes

Xornada deporte adaptado

 

O martes 12 de febreiro,  o alumnado de 6º de EP participou nunha xornada formativa e deportiva de sensibilización sobre a diversidade funcional da man de Enki : un proxecto que promove a inclusión e visibilizacion dos colectivos e persoas con diversidade funcional, a través do deporte e o ocio.

 Coñeceron de primeira man historias persoais de superación e loita de deportistas con discapacidade, xogaron e realizaron actividades deportivas,  logrando ver a diversidade funcional como un acto de admiración e normalización.

 Tras a charla e presentación inicial cos deportistas,  tivo lugar a Actividade “Ponte no meu lugar”, onde puideron practicar tenis adaptado, handbike, fútbol a cegas e baloncesto en cadeira de rodas.

 Queremos agradecer a presenza dos deportistas, que lograron sensibilizar  ó noso alumnado en valores como a capacidade de superación, coñecer e vivenciar o deporte adaptado como medio de inclusión da discapacidade.

Distribuir contido