REUNIÓN FAMILIAS ALUMNADO DE 3 ANOS

O martes día 25 de xuño, ás 12:00, terá lugar no Salón de Actos deste Colexio unha reunión co Equipo Directivo, Dpto de Orientación e Coordinadora de Educación Infantil cos pais/nais/titores dos do alumnado de novo ingreso, que para o vindeiro curso 2019-2020 estarán escolarizados nas unidades de Educación Infantil 2º ciclo 1º curso (Educación infantil 3 anos).

Rogámoslles que consideren esta reunión de suma  importantancia, xa que se darán normas  e consellos que lle serán de grande utilidade. Contamos coa súa asistencia.

Asimesmo, lembramos que o prazo de matrícula estará aberto 20 ata o 30 de xuño.